Sogama acaba de adquirir un total de catro parcelas no polígono industrial de Arbo para instalar neste concello unha das novas planta de transferencia. Xestur, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, foi o que adxudicou a superficie, un total de 4.420 metros cadrados polos que Sogama aboará preto de 190.000 euros, tras aplicárselle unha bonificación dun 50% sobre o prezo de venda.
Coa nova planta de transferencia de Arbo, ademais de ofrecer aos concellos da zona un servizo de valorización da materia orgánica a menos de 50 quilómetros, Sogama defende que logra unha instalación cunha “maior capacidade, prestacións e eficiencia que a que opera actualmente na contorna”.
A futura instalación poderá transferir a bolsa amarela —envases de plástico, latas e briks depositados no contedor amarelo— e, así mesmo, a materia orgánica recollida de forma selectiva a través do quinto contedor, de cor marrón.
A Xunta explica que, adxudicación deste solo, avánzanse un paso máis na materialización dunha rede que estará integrada por catro plantas de biorresiduos —unha en funcionamento, a de Cerceda, e tres que construirá a Xunta en Cervo, Vilanova de Arousa e Verín— e 13 plantas de transferencia, como a que se instalará en Arbo.
Los sorteos del Euromillones y de la Primitiva dejan un importante botín en Galicia. Tres boletos premiados que dejan más de un millón de euros
Caballero aseguró que servirá para "tener un conocimiento perfecto, de forma continua, de cómo está la vivienda" en la ciudad
La Plataforma Cívica Pro Palestina de Vigo señala que sería una "acción simbólica de solidaridad internacional"
Ya hay fecha para las primeras restricciones de tráfico en García Barbón, donde se montarán las grandes figuras de la Navidad de Vigo
A homenaxeada é enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL