• Desaparecido Miño
  • Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Tomiño eximirá do pago da cota do lixo aos negocios que pecharan durante a pandemia

Tomiño eximirá do pago da cota do lixo aos negocios que pecharan durante a pandemia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
02/11/2020

O Concello de Tomiño convocou un pleno extraordinario este luns para modificar a ordenanza municipal reguladora das taxas pola recollida do lixo coa finalidade de eximir do pago do primeiro semestre do vindeiro ano a aqueles negocios e empresas que tiveran que fechar este ano por motivos derivados da pandemia da COVID19.

Ademais da exención do pago da taxa aos comercios e empresas afectados pola pandemia, a ordenanza recolle tamén exencións e reducións para outros supostos. Os contribuíntes beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) ou perceptores de Axudas de Emerxencia Social (AES) terán unha exención do 100% da cota tributaria.

Másnoticias

La experiencia de "La Casa de Papel" llega al área de Vigo con una prueba inmersiva en Tui

La experiencia de "La Casa de Papel" llega al área de Vigo con una prueba inmersiva en Tui

20/07/2026
Tui descubre su memoria democrática con una visita guiada completamente gratuita

Tui descubre su memoria democrática con una visita guiada completamente gratuita

20/07/2026

Tamén se contempla unha redución na cota base do 50% na tarifa da vivenda a aqueles fogares que, non reunindo as condicións establecidas no anterior caso, teñan unha renda familiar inferior ó SMI (Salario Mínimo Interprofesional) vixente, nos que exista algún membro en situación de dependencia de grado dous ou tres, ou discapacidade a partir do 65%, familias numerosas e familias monoparentais con fillos en idade de escolarización obrigatoria con renda familiar inferior a 1,3 veces ó SMI.

As solicitudes de redución ou exención da cota deberán ser presentadas xunto coa documentación pertinente antes de finalizar o presente ano, e producirán efectos para o exercicio de 2021. No caso dos negocios afectados pola pandemia, esta deberá ir acompañada tamén por unha unha Declaración Responsable acompañada de documentación oficial que acredite a suspensión da actividade, presentada no primeiro trimestre do exercicio.

A aprobación desta bonificación para os comercios contou co apoio de todas as forzas políticas do pleno municipal. A alcaldesa, Sandra González, mostrouse satisfeita ante a aprobación da medida. “Desde os primeiros meses da pandemia asumimos cos comerciantes o compromiso de realizar esta bonificación. Logo de máis de dous meses traballando co ORAL para buscar como solucionar isto, demos coa fórmula que permitirá condonar as taxas do primeiro semestre do ano que vén”, declarou a rexedora.

Xeralización do sistema de compostaxe

No pleno extraordinario convocado este luns tamén se tratou a regularización da compostaxe. En previsión da obrigatoriedade determinada pola Unión Europea para todos os estados membros de compostar en orixe ou recoller separadamente os biorresiduos antes do 31 de decembro de 2023, o Concello de Tomiño decidiu adherirse á Fase II do Plan Revitaliza, que procura converter o modelo voluntario de compostaxe nun modelo xeralizado que leve o novo sistema de tratamento de residuos orgánicos ao 100% do territorio municipal.

A universalización e consolidación deste sistema torna xa inservible o sistema de bonificacións que procuraba introducir a compostaxe no municipio, cando era de xeito voluntario. Agora mesmo o concello é quen facilita os composteiros, formación para a compostaxe e mesmo a visita de mestres composteiros a domicilio, nunha aposta para que o concello cumpla as condicións impostas pola Unión Europea.

Os motivos desta supresión son, polo tanto, unha consecuencia lóxica ante a xeralización do novo sistema de xestión dos biorresiduos, cuxa implementación tivo uns custes asociados superiores aos 500.000 euros, e cuxo mantemento suporía un desaxuste orzamentario que comprometería a saúde económica do Concello.

Temas: coronavirusO Baixo MiñoTomiño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Denuncian una "agresión brutal" a personal sanitario de Cangas en la noche de Halloween
Enfoque

Atropello en Vigo, un coche arrolla a un peatón en la parroquia de Lavadores

Atropello en Vigo, fuentes presenciales señalan que la víctima presentaba diversas heridas y sangraba en abundancia por la nariz

PorPaula Carballo
22/07/2026
Se confirma la tragedia, hallan el cuerpo sin vida del joven que desapareció el domingo en el Miño
Enfoque

Se confirma la tragedia, hallan el cuerpo sin vida del joven que desapareció el domingo en el Miño

Se han confirmado las peores noticias, hallan sin vida al joven que desapareció el domingo en la desembocadura del Miño

PorUxía Pérez
22/07/2026
Vigo descubre los secretos mejor guardados de su patrimonio con la fascinante CMAG
Enfoque

O Concello de Vigo amosa a maior mostra de arte galega na Casa das Artes

Un dos grandes atractivos desta nova proposta cultural en Vigo é a exhibición de grandes obras que rara vez viron a luz pública

PorB.C.
22/07/2026
Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X