• Teatro Cine Fraga
  • Novedad en Vigo
  • Agua Vigo
  • Samaín Redondela
  • Protestas O Morrazo
  • Casting Galicia
  • O Son Do Camiño
  • Proyecto Gondomar
  • Ayuda comedor Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un congreso aborda na UVigo a importancia duns descoñecidos cun “impacto enorme” na natureza

Un congreso aborda na UVigo a importancia duns descoñecidos cun “impacto enorme” na natureza
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
07/07/2025

Chegados desde trece países, preto de 200 especialistas no estudo dos organismos vexetais que non posúen flores, como fungos, liques, algas, briófitas, pteridófitas ou mixomicetos, reúnense desde este luns na Escola de Enxeñaría Forestal, sede do XXIV Simposio Internacional de Botánica Criptogámica. Organizado por investigadores das universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela e promovido polas sociedades científicas que agrupan os especialistas nos diferentes ámbitos da criptogamia, trátase da primeira vez que a UVigo exerce como sede deste evento internacional de carácter bienal. Baixo o lema de Diversidade criptogámica: conservando o pasado, innovando o futuro, este simposio pon o foco nos avances máis recentes no estudo duns organismos con “xeralmente descoñecidos”, pero que teñen “un impacto enorme no noso ecosistema, na biodiversidade e na saúde do planeta”, como destacaron as e os participantes no acto inaugural.

Ademais de reunir os principais especialistas de España neste eido, o simposio conta coa participación de investigadoras e investigadoras de Chile, Ecuador, Sudáfrica, República Checa, Alemaña, Italia, Portugal, Eslovenia, Suíza, Países Baixos e Reino Unido. A meirande parte delas e deles reúnense ata este mércores neste centro do campus pontevedrés, posto que, como explica o investigador da UVigo Mauro Rivas, presidente do comité organizador, aínda que o congreso pódese seguir tamén de xeito virtual, 173 dos 196 inscritos e inscritas optaron por asistir de xeito presencial.

Másnoticias

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

14/10/2025
La Semana de Cine Submarino de la UVigo vuelve en otoño con proyecciones en una nueva ubicación

La Semana de Cine Submarino de la UVigo vuelve en otoño con proyecciones en una nueva ubicación

13/10/2025

Sinerxías que aumentan o coñecemento sobre a biodiversidade

Responsables das diferentes sociedades científicas promotoras encargáronse este luns de darlles a benvida, nun acto inaugural no que a directora da EE Forestal, Ángeles Cancela, lembrou que se trata da segunda vez que, nos seus máis de 30 anos de traxectoria, este simposio ten lugar en Galicia. “Reunímonos nun momento no que a ciencia e a investigación botánica e criptogámica están en plena expansión, revelando segredos de organismos que, aínda que pequenos, teñen un impacto enorme no noso ecosistema”, salientou Cancela, que subliñou a importancia "do intercambio de coñecemento para seguir avanzando na comprensión destes organismos, fundamentais para a vida na terra”.

Nesa mesma liña pronunciouse tamén Ibai Olariaga, presidente da Sociedade Ibérica de Micoloxía, quen lembrou que a botánica criptogámica engloba un conxunto de organismos “xeralmente descoñecidos para o público xeral”, mais o seu estudo contribúe a mellorar o coñecemento sobre a biodiversidade e sobre os procesos evolutivos e ecolóxicos”, engadiu Jairo Patiño, presidente da Sociedade Española de Brioloxía. De aí que “compartir espazos” entre especialistas “no estudo de organismos moi diversos” e a xeración de sinerxías fosen un dos aspectos destacados neste acto inaugural por María Altamirano, vicepresidenta da Sociedade Española de Ficoloxía; Sergio Pérez Ortega, presidente da Sociedade Española de Liquenoloxía, e Guillermo Santos, membro do Grupo de Traballo de Pteridoloxía da Sociedade de Botánica Española. Nesa mesma liña, Rivas puxo en valor que preto do 10% das charlas e pósters seleccionados abordan temáticas que engloban diferentes grupos de organismos, incidindo na importancia de que "unir forzas e establecer conexións”.

Do cambio climático ao aproveitamento biotecnolóxico

Como destacan desde o comité organizador, o obxectivo deste simposio é servir como “foro de discusión sobre os avances máis recentes no campo da botánica criptogámica, abordando temas clave como a biodiversidade e a conservación, o impacto do cambio climático, a fisioloxía ou o aproveitamento biotecnolóxico destes organismos”. Con ese propósito, o seu programa engloba seis conferencias plenarias, como a impartida na mañá deste luns polo investigador do CSIC Jaume Pellicer. Tamén nesta xornada, ten lugar un relatorio da neerlandesa Jorinde Nuytinck, experta en micoloxía, ao que se sumarán nos seguintes dous días os do alemán Patrick Jung, especialista en liquenoloxía, do experto en ficoloxía Heroen Verburuggen e das investigadoras españolas Katia Cezón e Teresa Boquete.

O programa deste simposio abrangue tamén 16 sesións temáticas, nas que preto de 80 investigadores e investigadoras darán a coñecer os seus estudos; así como tres sesións de presentación de pósters, que permitirán coñecer outros 114 estudos. Ademais, este luns tamén tivo lugar unha mesa de debate sobre os retos da investigación en criptogamia, dirixida a investigadores noveis, completándose esta xornada cun acto de benvida no Mercado de Abastos, coa participación da tenente de alcalde, Eva Vilaverde, e a actuación dos grupos de música e baile tradicional galego do campus de Pontevedra.

O congreso celebrará na tarde do mércores o seu acto de clausura, coa participación do reitor da UVigo, Manuel Reigosa, e responsables das diferentes sociedades científicas promotoras. Mais a actividade continuará o xoves 10 con dúas saídas de campo, que levarán ás e aos participantes a coñecer a biodiversidade tanto da serra do Cando como da contorna das illas Cíes, nunha actividade de mergullo.

Temas: Universidade de Vigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo ya puede volver a recorrer los secretos del Teatro Cine Fraga: "Es emocionante"
Enfoque

Vigo ya puede volver a recorrer los secretos del Teatro Cine Fraga: "Es emocionante"

...

PorCarlos I. Castrillóny1 Otros
15/10/2025
Vigo eleva el presupuesto de las becas de libros y comedor escolar
Enfoque

Galicia anuncia una ayuda de entre 100 y 150 euros para gastos del comedor escolar

...

PorEuropa Press
15/10/2025
Un casting busca personas para el rodaje de una serie en Galicia
Enfoque

Abren un casting para buscar figurantes para la próxima película que se rodará en Galicia

...

PorIván Dacal
15/10/2025
Gondomar proyecta una nueva senda peatonal para conectar el entorno de A Ramallosa
Enfoque

Gondomar proyecta una nueva senda peatonal para conectar el entorno de A Ramallosa

...

PorAlfredo Teja
15/10/2025
Unha orquestra para a Universidade de Vigo
Enfoque

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

PorCarlos I. Castrillón
14/10/2025

Unha trintena de persoas integran a formación musical que acaba de iniciar os ensaios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

18octTodo el día19Fiesta de la Batalla de Rande en MeirandeFIESTAS | REDONDELA

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X