• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Un congreso coordinado pola UVigo reúne na cidade 210 asistentes de 24 países

Un congreso coordinado pola UVigo reúne na cidade 210 asistentes de 24 países
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
14/06/2023

O auditorio Mar de Vigo acolle dende este mércores e ata o venres a cita anual da "European University Information Systems" (EUNIS), a organización europea de sistemas de información universitarios. Esta edición, coordinada pola Universidade de Vigo, ten como lema "Universidades europeas e transformación dixital. Retos e oportunidades" e nela participan 210 asistentes de 24 países, principalmente de Europa, como destaca Marín López Nores, docente da EE de Telecomunicación e responsable do comité organizador xunto co tamén docente do mesmo centro Juan José Pazos, director da Área de Transformación Dixital da UVigo.

En total, nestas tres xornadas presentaranse arredor de 60 ponencias e os debates centraranse en tres temas principais: intelixencia artificial, ciberseguridade e alianzas europeas de universidades, como explicaba no acto de apertura o presidente de EUNIS, Raimund Vogl. Na inauguración participaron tamén o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, xunto coa concelleira e docente tamén da Universidade viguesa Ana Mejías.

Másnoticias

Muebles retro, moda vintage y piezas únicas en un mercadillo efímero en Vigo

Muebles retro, moda vintage y piezas únicas en un mercadillo efímero en Vigo

04/06/2026
En marcha el gran supermercado que aterrizará en el centro de Vigo

En marcha el gran supermercado que aterrizará en el centro de Vigo

03/06/2026

Vogl foi o encargado de dar a benvida aos máis de douscentos asistentes a este vixésimo noveno congreso de EUNIS, asociación que, como el mesmo lembraba, naceu en 1993 como punto de encontro dos responsables da xestión, desenvolvemento e políticas de tecnoloxías da información na educación superior en Europa, co obxectivo de contribuír á mellora dos sistemas de información de alta calidade.

O reitor, pola súa banda, quixo lembrar que a proposta de Vigo como sede deste 29 congreso de EUNIS tivo o seu xermolo no vicerreitor Manolo Ramos e, tras o seu falecemento, foron os profesores Pazos e López Nores os que tomaron a remuda, algo que lles agradeceu agarimosamente, estendendo este recoñecemento a todas as persoas que formaron parte do comité organizador.

Pola súa banda, a concelleira de I+D e Dinamización Administrativa, Ana Mejías, trasladoulles ás persoas asistentes o saúdo do Concello e do seu alcalde, Abel Caballero, e remarcou o importante que é para a cidade acoller congresos coma este da man da UVigo, porque “as universidades teñen un papel transcendental neste novo ecosistema conectado e dixital, onde os valores do humanismo deben guiar os avances científicos e tecnolóxicos”.

Avanzar na xestión das universidades

O congreso está pensado como un foro para “as persoas que traballan na xestión e gobernanza das universidades e que teñen poder de decisión á hora de xestionar os recursos tecnolóxicos” destas, como explica López Nores. O obxectivo é presentar e publicar os últimos resultados da investigación, desenvolvemento e implantación de tecnoloxías e sistemas da información para Institucións de Educación Superior (IES) e intercambiar perspectivas e experiencias en relación á transformación dixital das universidades europeas, co propósito de avaliar estratexicamente os retos e oportunidades nunha era de novas preocupacións sobre a demografía, a mobilidade, a enerxía e a soberanía dixital.

O programa EUNIS 2023 comprende presentacións orais, presentacións de pósters, mesas redondas, relatorios, sesións prácticas e exposicións que o configuran “un dos eventos máis importantes de Europa neste eido”. Como explican os organizadores, “non ten unha perspectiva investigadora, senón que está orientado á toma de decisións estratéxicas no que atinxe á xestión das universidades europeas en canto á súa dotación tecnolóxica, agora que estamos nun contexto de dixitalización da educación e de mobilidade internacional”.

Tres eixos centrais

O congreso artéllase arredor de varias temáticas. Por unha banda, preséntanse ponencias arredor da gobernanza e as políticas para a educación superior e a investigación, abordando temas como a arquitectura empresarial cara a un conxunto europeo de servizos de Institucións de Educación Superior, fluxos de traballo dixitais, ciencia aberta, cooperación internacional dentro e fóra de Europa, ética, protección de datos e confianza, soberanía dixital, etc. Un segundo bloque temático é o que xira arredor do deseño, desenvolvemento e implantación de sistemas de información tanto para a xestión interna, como para a cooperación interinstitucional ou para o teletraballo, a seguridade da información, a intelixencia artificial ou o benchmarking. Finalmente, outra liña temática comprende relatorios sobre aprendizaxe, docencia e investigación, abordando aspectos como o apoio informático á investigación, as tecnoloxías educativas para a aprendizaxe e a avaliación, a aprendizaxe híbrida e mixta ou as tecnoloxías AR/VR e metaverso na educación superior.

ATHENA e as universidades europeas 

Tras o acto de apertura celebrouse a conferencia de apertura, a cargo de Nuno Escudeiro, profesor do Departamento de Informática da Escola de Enxeñaría do Instituto Politécnico do Porto e coordinador da Universidade Europea ATHENA, consorcio do que a Universidade de Vigo forma parte. No seu relatorio explicou a experiencia da posta en marcha desta universidade europea, a súa estrutura e obxectivos e tamén analizou de xeito máis xeral a gobernanza e as tecnoloxías da información nas alianzas universitarias europeas.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Una televisión o un deshumidificador, el botín del ladrón que se coló en una casa de Tomiño
Enfoque

Una televisión o un deshumidificador, el botín del ladrón que se coló en una casa de Tomiño

...

PorEuropa Press
04/06/2026
Arranca oficialmente la Festa da Coca de Redondela entre homenajes y con una gran programación
Enfoque

Arranca oficialmente la Festa da Coca de Redondela entre homenajes y con una gran programación

...

PorMetropolitano
04/06/2026
Escolares de O Porriño se suman a la "Operación Ola" para disfrutar de jornadas de surf
Enfoque

Escolares de O Porriño se suman a la "Operación Ola" para disfrutar de jornadas de surf

...

PorPaula Carballo
03/06/2026
Nigrán aprueba rehabilitar la antigua escuela unitaria de Chandebrito y darle una nueva imagen
Enfoque

Nigrán aprueba rehabilitar la antigua escuela unitaria de Chandebrito y darle una nueva imagen

...

PorPaula Carballo
03/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X