• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Un estudo da UVigo cuestiona as hipóteses clásicas sobre a alta biodiversidade nos trópicos

Un estudo da UVigo cuestiona as hipóteses clásicas sobre a alta biodiversidade nos trópicos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
26/06/2025

A distribución da biodiversidade non é uniforme en todo o planeta. Os trópicos, por exemplo, concentran a maior riqueza de especies de vertebrados, un fenómeno coñecido como o Gradiente Latitudinal de Biodiversidade. Trátase dun patrón amplamente recoñecido e estudado no ámbito da ecoloxía e a evolución, mais a explicación das súas causas continúa a ser obxecto de debate científico.

Agora, un novo estudo liderado por investigadoras da Universidade de Vigo pon en dúbida algunhas das hipóteses clásicas formuladas para explicar este patrón. A investigación foi realizada por Sofía Galván, Sara Varela e Sara Gamboa, do grupo Terra/Mapas Lab do CIM da UVigo, e acaba de ser publicada na prestixiosa revista internacional Journal of Biogeography.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Tres grandes hipóteses baixo revisión

O estudo elaborado polas investigadoras do Terra/Mapas Lab céntrase en tres hipóteses tradicionais. Por unha banda, a hipótese da área xeográfica, que sostén que as rexións tropicais albergarían máis especies por seren máis extensas. Por outra, a hipótese do tempo, baseada en que os trópicos serían máis antigos, polo que tiveron máis tempo para acumular biodiversidade. Finalmente, a hipótese da estabilidade climática, que afirma que a maior estabilidade do clima tropical permitiría a persistencia de máis especies ao longo do tempo.

Para comprobar a validez destas ideas, as investigadoras dividiron o planeta en cinco grandes zonas climáticas —tropical, árida, temperada, fría e polar— e analizaron como cambiaron estas rexións nos últimos cinco millóns de anos. Estudaron a súa evolución en termos de área, estabilidade e antigüidade, relacionando estes factores coa distribución actual de especies de mamíferos, aves e anfibios.

Resultados que rompen cos esquemas clásicos

As conclusións do estudo son contundentes: ningunha das hipóteses clásicas logra explicar por si soa a maior biodiversidade nos trópicos. Nin a maior extensión, nin a antigüidade nin a estabilidade climática parecen ser suficientes para xustificar por que estas rexións concentran tantas especies en comparación con outras zonas do planeta.

As autoras destacan que esta riqueza é, en realidade, o resultado dunha combinación de múltiples factores históricos, ecolóxicos e evolutivos. A historia evolutiva das especies, as interaccións biolóxicas e as características propias dos ecosistemas tropicais poden desempeñar un papel fundamental que non se tiña en conta de maneira suficiente ata agora.

Avances científicos e novas ferramentas para responder vellas preguntas

Este traballo exemplifica como os avances nos datos climáticos do pasado e nos macrodatos de biodiversidade permiten revisar e cuestionar teorías clásicas que ata o momento non puideran ser probadas de forma global. Tal e como explican as autoras, “temos que aproveitar os novos avances para examinar hipóteses teóricas clásicas que ata agora non se puideron comprobar. Os novos modelos do clima do pasado, así como a existencia de macrodatos sobre biodiversidade, permítennos aumentar o noso coñecemento sobre os factores que determinan a distribución dos vertebrados no noso planeta”. O estudo pon en valor o uso de enfoques multidisciplinares na investigación ecolóxica e bioxeográfica, integrando grandes volumes de datos, análise espacial e modelos climáticos.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X