• Reapertura tienda Vigo
  • Muerto en O Rosal
  • Observación astronómica Vigo
  • Visitas a O Castro
  • Ruta por Monteferreo
  • Fiestón en Cangas
  • Termas Ourense
  • Fiesta con Panorama City
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un proxecto da UVigo avalía os efectos do exercicio con realidade virtual en pacientes con dano cerebral

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
20/02/2024

Nos últimos anos, o grupo de investigación HealthyFit, integrado por investigadores das facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Fisioterapia, analizou os beneficios de programas de exercicio físico levados a cabo con dispositivos de realidade virtual en diferentes colectivos, como poboación anciá ou persoas afectadas por párkinson. Nun proxecto pioneiro, promovido pola Cruz Vermella de Lugo, o grupo buscará agora avaliar os efectos en pacientes con dano cerebral adquirido dun programa de “estimulación mutisensorial, que combina a actividade física e a cognitiva”, como explica José María Cancela, investigador principal do grupo.

Este “estudo piloto” levarase a cabo no Centro de Dano Cerebral da Cruz Vermella en Lugo e nel participarán pacientes que presentan “un conxunto de secuelas en múltiples áreas funcionais, provocadas por lesións cerebrais”, derivadas de ictus, traumatismos cranioencefálicos ou encefalopatías. “O que se quere facer é un programa específico de estimulación multisensorial, no cal realizan exercicio físico e, ao mesmo tempo, teñen que tomar decisións”, apunta Cancela, que incide en que se ben diferentes estudos teñen afondado nos efectos da actividade física nesta poboación, non existen traballos centrados nun programa que incorpore o uso duns lentes de “realidade virtual inmersiva”, combinados nestes caso co traballo cun “cicloergómetro intelixente”.

Másnoticias

El centro de Vigo será un balcón al universo con una observación astronómica gratuita

15/07/2025

Del mar al microscopio, tecnología puntera en Vigo para entender qué pasa en el océano

14/07/2025

Efectos na calidade de vida 

O novidoso deste estudo fai que o primeiro obxectivo sexa o de estudar a utilizabilidade desta tecnoloxía para desenvolver unha intervención con esta poboación, para logo analizar os efectos dun “programa de terapia físico-cognitiva” nos eidos da “neurocognición, a calidade de vida e a súa capacidade funcional”. Cunha duración de 24 semanas, o proxecto arrancará nas próximas semanas cunhas sesións iniciais que buscan en primeiro termo que as e os participantes poidan familiarizarse cos cicloergómetros que van a empregar.

Estes, como explica o investigador da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, permitirán levar a cabo, dun xeito seguro e asistíndolles no pedaleo de ser preciso, sesións de actividade física centradas nos seus membros inferiores ou superiores, dependendo do grao de afectación de persoas que poden presentar hemiplexía nalgunha das súas extremidades.

Unha vez familiarizados cos equipos, desenvolverase un programa de 21 semanas, con dúas ou tres sesións por semana, no que se empregarán unha serie de exergames, videoxogos que implican unha compoñente física, nuns lentes de realidade virtual. Estes permiten á súa vez combinar o traballo físico co cognitivo, xa que durante as sesións deberán ir respondendo unha serie de preguntas ou tomando decisións no marco do propio xogo. Xunto a unha avaliación intermedia, centrada na utilizabilidade e experiencia co dispositivo, as e os participantes realizarán ao inicio e ao final do programa unha serie de tests, dirixidos a coñecer unha posible evolución en aspectos neurocognitivos e funcionais, así como na súa calidade de vida.

Unha nova liña de traballo

Nestas semanas, os investigadores e os profesionais da Unidade de Atención a Pacientes con Dano Cerebral Adquirido da Cruz Vermella traballan na selección das e dos preto de 20 pacientes que tomarán parte nun proxecto que, como recoñece Cancela, “abre unha nova liña de traballo, que iniciamos evidentemente con moita cautela”, dada a ausencia de estudos previos. Non obstante, o investigador pon tamén o foco no potencial deste tipo de ferramentas á hora de integrar o exercicio físico no traballo con persoas “cunhas limitacións funcionais bastante elevadas”.

De feito, lembra, o traballo con este colectivo obriga a que cada participante conte no programa “cun programa específico de estimulación”, o que á súa vez lévao a pór de relevo tanto o interese dos responsables da Cruz Vermella en Lugo como a implicación dos diferentes terapeutas do Centro de Dano Cerebral. Estes, explica, serán os encargados de guiar as sesións de traballo, tras unha xornada de formación por parte do grupo de investigación, que, de xeito paralelo, encargarase de analizar os datos xerados polos dispositivos tras cada xornada de traballo.

Temas: PontevedraUniversidad de VigoUniversidade de Vigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Avenida da Liberdade //  Camara Municipal de Braga
Enfoque

El cariño de Galicia a Oporto y Braga, la Xunta otorga a sus alcaldes las Medallas de Oro 2025

...

PorMetropolitano
15/07/2025
Enfoque

Así resurgirá una de las tiendas vintage más top de Vigo tras cerrar con una liquidación completa

...

PorShelly Villaverde
15/07/2025
Enfoque

Jácome emula a Fraga en Palomares y abre las "termas más bonitas de Ourense"

...

PorMetropolitano
15/07/2025
Enfoque

Denuncian la "grave situación de la sanidad" en verano en Galicia: "Hay mujeres pariendo sin agua caliente"

...

PorMetropolitano
15/07/2025
Qué hacer

El centro de Vigo será un balcón al universo con una observación astronómica gratuita

PorMiguel Alonso
15/07/2025

Un investigador de la Agencia Espacial Europea descubrirá el "imperio del Sol" a los vigueses dentro del programa de actividades previsto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

16jul19:30Verbenas na Caridade con Orquestina en Vigo

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X