• Vigo SeaFest 2025
  • Vídeo restaurante Palestina
  • Entradas Trueno Castrelos
  • Festa da Sardiña Vigo
  • Festival gratis Rías Baixas
  • Cines Nigrán
  • Porrigalia 2025
  • Fiesta de los 80
  • Rías Baixas
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un proxecto liderado pola UVigo desenvolverá estratexias agroecolóxicas para previr as malas herbas

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
10/07/2023

Desenvolver e implantar estratexias agroecolóxicas para previr e manexar as malas herbas, sen o uso de herbicidas sintéticos, en ata 30 cultivos de relevancia económica nas once rexións bioxeográficas europeas. Con este obxectivo acaba de arrancar o proxecto europeo liderado pola Universidade de Vigo Agrosus. Durante catro anos, socios de dez países traballarán na conversión de sistemas agrícolas convencionais en sistemas agroecolóxicos desde unha perspectiva local.

O proxecto, chamado "Agroecological strategies for sustainable weed management in key european crops", arrancou este mes de xuño e prologarase ata 2027. Conta cun orzamento de case cinco millóns de euros, dos cales case 310.000 euros proceden do goberno húngaro e case 4,7 millóns da Comisión Europea, a través da convocatoria de Horizonte Europa Agroecological strategies for sustainable weed management. O financiamento para a UVigo ascende a 926.625 euros. En Agrosus participa un consorcio de 16 socios de dez países (España, Portugal, Italia, Alemaña, Polonia, Ucraína, Romanía, Hungría, Turquía e Islandia) cun perfil moi diverso, desde universidades e empresas ata asociacións de agricultores.

Másnoticias

El Cinbio de la UVigo identifica una vulnerabilidad en la resistencia de algunos cánceres a los fármacos

09/07/2025

Un tercio de los grados universitarios públicos en Galicia ya están completos: listado y notas

08/07/2025

Por parte da Universidade de Vigo, líder do proxecto, están como investigadores principais Adela M. Sánchez, do grupo BEV1 (Agrobioloxía Ambiental: Calidade, Solos e Plantas) e David Fernández Calviño, do grupo BV1 (Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos) e director do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación. “Nós estamos especializados no estudo da resposta das plantas ás distintas condicións ambientais ás que se enfrontan e o grupo de David está especializado no estudo da biodiversidade e calidade do solo, polo que nos complementamos á perfección”, explica Adela M. Sánchez, coordinadora de Agrosus.

Ademais, da UVigo participa o grupo de Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia, de Xavier Simón, na análise do impacto socio-económico das estratexias agroecolóxicas que se implementen. En conxunto, Agrosus reunirá durante 48 meses a un equipo internacional e multidisciplinar de “fisiólogos vexetais, agrónomos, biólogos moleculares, edafólogos, economistas, sociólogos, agricultores e asesores para abordar o problema da xestión das malas herbas co fin de garantir a produtividade e a rendibilidade sen comprometer a saúde dos ecosistemas”. Todas as partes interesadas participan “en todas as fases do proxecto para garantir a aceptación e rápida adopción das estratexias acordadas”.

Estratexias alternativas e un cambio de paradigma

As prácticas agroecolóxicas, detalla o equipo da UVigo participante, pretenden optimizar os procesos ecolóxicos, a saúde pública e ambiental e o benestar, minimizando os custos sociais e ecolóxicos da agricultura (como a degradación do solo ou a contaminación das augas) e capacitando ás e aos agricultores e ás comunidades baseándose en dez elementos interrelacionados e interdependientes: diversidade; sinerxías; eficiencia; resiliencia; reciclaxe; co-creación e intercambio de coñecementos; valores humanos e sociais; cultura e tradicións alimentarias; gobernanza responsable e economía circular e solidaria.

Neste contexto, as ferramentas e estratexias (preventivas, culturais, mecánicas, físicas, biolóxicas, dixitais, etc.) que se van a implantar no campo con Agrosus serán, segundo indican desde o proxecto, decididas conxuntamente coas partes interesadas (agricultores, asesores, vendedores locais, asociacións agrícolas, etc.), en función das malas herbas máis problemáticas das diferentes rexións e cultivos, e analizarase o impacto a curto, medio e longo prazo das devanditas estratexias desde as perspectivas ambiental e socioeconómica. Concretamente, traballarán con ata 30 cultivos distintos, tanto de tipo perenne, como hortícola ou arable, nas once rexións bioxeográficas da UE e países asociados (Alpina, Anatolia, Ártica, Atlántica, do Mar Negro, Boreal, Continental, Macarronésica, Mediterránea, Panonia e Esteparia). Así, por exemplo, en Galicia implantaranse estratexias agroecolóxicas para o cultivo do viño, o trigo e a pataca, mentres que en Hungría estudaranse as herbas aromáticas.

A agricultura da UE, explica o equipo investigador, segue dependendo, principalmente, do uso de herbicidas sintéticos para a xestión das malas herbas. “O seu uso masivo e indiscriminado nas últimas décadas incrementou a contaminación do solo, o aire e a auga, o que provocou un aumento dos custos relacionados cos herbicidas na agricultura e graves problemas para o ecosistema e a saúde humana”, afirman lembrando como ademais este uso masivo de herbicidas sintéticos induciu á evolución de malas herbas resistentes.

A Comisión Europea, engaden, está restrinxindo o uso de numerosas substancias sintéticas utilizadas ata agora na formulación típica dos plaguicidas que resultaron prexudiciais para a saúde humana, animal ou ambiental. “De feito, os agricultores europeos xa perderon o 60% das substancias dispoñibles en 1991, que, a falta de alternativas, aínda non foron substituídas, mesmo cando aínda existe unha dependencia extrema do uso de herbicidas para a xestión das malas herbas nalgúns cultivos europeos de importancia económica como os cereais e as patacas”, sinalan as e os investigadores. A estes factores, detallan desde o proxecto, engádese que o cambio climático modificará tamén o patrón biolóxico e ecolóxico das malas herbas, así como a súa capacidade para interferir cos cultivos, o que dará lugar “a complexas interaccións entre cultivos e malas herbas e fará necesarias estratexias alternativas para o seu control”.

O enfoque de Agrosus é que “o medio máis axeitado para previr e xestionar as malas herbas é desenvolver e pór en marcha unha combinación apropiada de estratexias agroecolóxicas de evitación dos devanditos herbicidas sintéticos para desenvolver sistemas agrícolas sostibles, seguros, produtivos, climaticamente positivos e resilientes”. As estratexias alternativas de xestión de malas herbas implicarán, sinalan, un cambio de paradigma na agricultura actual, implementando un enfoque holístico que vixíe o ecosistema en lugar da planta como organismo único, pondo o foco na diversidade do ecosistema e a calidade do solo.

Existe, subliñan, “unha necesidade urxente de cambiar de sistemas agrícolas convencionais e máis vulnerables a sistemas agrícolas máis sostibles que permitan reducir a dependencia dos herbicidas e aumentar a resiliencia dos cultivos ao cambio climático”. Para acadalo, afirman, hai que “lograr un cambio de paradigma na xestión das malas herbas que inclúa a eficiencia (da terra e as prácticas agrícolas), a substitución (de pesticidas e fertilizantes químicos) e o redeseño (a través de estratexias agroecológicas), reducindo os impactos negativos das malas herbas e conservando ao mesmo tempo algúns dos beneficios ecolóxicos desas plantas espontáneas no campo de cultivo”. Así, Agrosus pretende proporcionar ferramentas de xestión de cultivos que implementen estas técnicas para unha xestión sostible, xusta e segura das malas herbas en sistemas agrícolas convencionais.

Temas: agriculturaUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

El Cinbio de la UVigo identifica una vulnerabilidad en la resistencia de algunos cánceres a los fármacos

...

PorShelly Villaverde
09/07/2025
Enfoque

El AVE "low cost" Ouigo confirma su interés para operar en Galicia

...

PorMetropolitano
09/07/2025
Enfoque

Exigen la retirada de la Medalla de la Ciudad de Vigo a Isabel Pardo de Vera

...

PorMetropolitano
09/07/2025
Enfoque

PortAmérica bate todos los registros, firma su edición más multitudinaria y pone fecha a su nueva edición

...

PorMetropolitano
09/07/2025
Enfoque

El Cinbio de la UVigo identifica una vulnerabilidad en la resistencia de algunos cánceres a los fármacos

PorShelly Villaverde
09/07/2025

Un equipo de investigación de la Universidad de Vigo descubre mecanismo molecular capaz de frenar el cáncer

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X