O Concello de Nigrán, a través da concesionaria Cespa Ferrovial, estrea este luns 18 de xuño un punto limpo móbil que percorrerá tódalas parroquias do municipio co obxectivo de facilitar á veciñanza a reciclaxe de pequenos residuos especialmente contaminantes sen necesidade de desprazarse ao punto limpo fixo situado na rúa Gándara.
Este punto móbil, pioneiro en toda a comarca, consiste nun remolque habilitado ex-profeso para poder depositar en compartimentos diferenciados pequenos electrodomésticos, pilas, aceite, halóxenos, baterías, radiografías ou aerosois, residuos que se xeneran en tódolos fogares en pequena cantidade pero que raramente os cidadáns achegan ata o punto limpo fixo pese a súa alta toxicidade.
Así, dende o Concello de Nigrán xa se pechou un calendario de aquí a final de ano con ubicacións en 9 puntos de todo o municipio. Arranca este luns (do 18 ao 24 de xuño) no aparcamento da praia de Patos, do 25 ao 1 na antiga escola de San Pedro, do 2 ao 8 de xullo á beira do cemiterio de Parada, do 9 ao 15 no aparcamento da Praza do Peregrino en Priegue, do 16 ao 21 no Centro Cultural A Camoesa de Camos, do 23 ao 29 na marquesina de Chandebrito, do 30 de xullo ao 5 de agosto nas Angustias (Nigrán), do 6 ao 8 de agosto na AAVV Monteferro (Panxón) e do 13 ao 19 de agosto no torreiro de Vilariño (a continuación repítese semanalmente na mesma orde).
“Trátase dunha iniciativa sinxela, que non supuxo ningún custe para o Concello, e que facilita enormemente aos veciños a correcta reciclaxe de residuos. Ao mesmo tempo, conciencia, fomenta e mesmo educa na importancia da reciclaxe”, reflexiona o alcalde, Juan González, quen incide en que, ao mesmo tempo, “servirá para incrementar a correcta xestión dos pequenos aparatos ou residuos (como baterías de móbil ou pinturas) e reforzar o uso do punto limpo fixo para os aparatos máis voluminosos”.
Un conocido influencer argentino de casi medio millón de seguidores se enamora de O Porriño. "De los ayuntamientos más bonitos de España"
Renfe advierte de alteraciones en los trenes de Galicia por las obras en la estación de A Coruña. Estos serán los cambios de cara a verano
Detenido un vecino de Tomiño como supuesto autor de un robo con fuerza en una vivienda. Accedió con una llave obtenida ilícitamente
Redondela ha inaugurado oficialmente su Festa da Coca. Un fiestón que promete conquistar todo el área de Vigo
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL