O BNG de Vigo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cunha demanda. Propón ao Concello que declare Vigo “cidade libre de eucalipto”. “Trátase dunha especie forestal pirófita, que representa un claro risco ambiental e especialmente en materia incendiaria, tal e como se ten recollido mesmo en sentenzas xudiciais”, comentou este mércores 5 de xuño o concelleiro electo do BNG na cidade olívica, Xabier Pérez Igrexas.
“Esa declaración de cidade libre de eucalipto ten que ir parella dun maior esforzo por parte de todas as administracións, en colaboración coas comunidades de montes en man común da nosa cidade, para substituír a presenza de eucaliptos dos montes de Vigo por outras especies”, reclamou Pérez Igrexas.
A fronte nacionalista demanda expresamente a posta en marcha dun programa de colaboración coas comunidades de montes, dotado como mínimo cun millón de euros por parte do Concello, pero que ten que recibir tamén achegas por parte da Xunta de Galicia como administración responsable para axudar no proceso de substitución do eucalipto e para colaborar na reforestación da superficie afectada pola brutal vaga de lumes de outubro de 2017.
“A mellor maneira de celebrarmos o Día Mundial de Medio Ambiente é apostarmos en reconciliar a cidade co seu medio natural. No BNG entendemos que unha das tarefas máis importantes é a posta en valor e a recuperación dos nosos montes, dese verdadeiro pulmón verde que representan os montes periurbanos da cidade”, sostén o edil electo.
Pérez Igrexas urxe tamén a atender o reclamo das propias Comunidades de Montes dun maior apoio público. “Non se trata só de reivindicar a nivel discursivo a defensa do noso medio ambiente, senón que é necesario tomar decisións e despregar esforzos concretos e destinar recursos para facelo unha realidade”, afirmou o que será novo edil da Corporación viguesa.
El Concello de O Porriño ha mantenido una reunión con el comercio local para seguir dinamizando la localidad. Esta es su nueva propuesta
Un detenido en Lugo y otro en Pontevedra. La Policía Nacional arresta a 16 implicados en un operativo contra distribución de material sexual infantil
La Xunta da por controlados la mayoría de incendios en Ourense, entre ellos el mayor de su historia, en Larouco. Así avanza la lucha contra el fuego
Galicia acogerá el rodaje de una serie en los próximos meses. Alén Filmes ha abierto un casting para buscar figurantes para ella
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL