• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

UVigo e Deputación de Pontevedra avanzan no proceso de creación da nova Facultade de Enfermaría

UVigo e Deputación de Pontevedra avanzan no proceso de creación da nova Facultade de Enfermaría
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
27/04/2023

A vella aspiración da Universidade de Vigo de contar cunha única Facultade de Enfermaría que dea acubillo ás tres escolas públicas adscritas actuais, Pontevedra, Ourense e Meixoeiro, en Vigo, vai camiño de converterse en realidade. Tras a aprobación da memoria de creación do novo centro no Claustro da pasada semana, este xoves o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, mantivo unha xuntanza coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e co director da escola, Miguel Ángel Piñón, para avanzar no proceso que implicará a desvinculación da actual Escola de Enfermería de Pontevedra respecto da Deputación e pasar a formar parte da futura facultade, que nacerá como centro propio da UVigo e contará con tres sedes, unha en cada campus.

Este proceso arranca, como explicaba o reitor, “tras varios anos de negociación” coas tres escolas, as consellerías de Sanidade e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación de Pontevedra. O obxectivo temporal é que a facultade bote a andar no curso 2024/2025 e impartirá de forma descentralizada nos tres campus o Grao en Enfermaría, así como o futuro mestrado, cuxa declaración de interese foi aprobada en Consello de Goberno do pasado mes de xaneiro. Ademais, como adiantou o reitor, traballarase dende a Universidade para dotar o centro tamén dun programa de doutoramento. “Será algo bo para todo o país, especialmente para o sur de Galicia”, subliñaba Reigosa.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Un alumnado 100% UVigo

O reitor remarcou a importancia de que o alumnado das escolas de Enfermaría sexa ao 100% estudantado da Universidade de Vigo e que, “por exemplo, poidan elixir ao seu reitor”. De aí o empeño dende que chegaron ao goberno da UVigo de conseguir pór en marcha esta facultade, destacaba. Precisamente, Carmela Silva lembraba como en 2019, Reigosa e a súa equipa mantiveron unha primeira xuntanza coa Deputación provincial para comunicarlle a súa firme decisión de que a Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra pasara a formar parte real da Universidade de Vigo. “Dende aquel día eu sabía que isto chegaría a ser unha realidade” pero recoñecía que agardaba que o procedemento fose máis longo, xa que “isto responde a unha reclamación moi longa da Escola de Enfermaría de deixar de depender dunha administración provincial, que non ten nin competencias nin unha estrutura educativa que axude a que a escola se siga consolidando”. Co procedemento xa iniciado e a aprobación no Claustro da creación da escola “isto é xa unha realidade” e unha “excelente noticia”, sobre todo pensando no alumnado e no profesorado “que van acceder así a unha auténtica formación de excelencia”.

Sobre o proceso, o reitor explicou que o próximo paso será a aprobación da creación da facultade no Consello de Goberno que se vai celebrar este venres. A partir de aquí iníciase un proceso longo, que implica o visto bo do Consello Social e do Consello Galego de Universidades. “Estamos xa dando os últimos pasos e no curso 2024/2025 teremos alumnos matriculados na Universidade de Vigo para facer aquí o seu Grao de Enfermaría, o seu Máster de Enfermaría e, a continuación, xa nos poñemos a traballar no doutoramento”.

Todo este proceso, indicaba, ”requirirá moito traballo, se ben todas as partes implicadas estamos moi comprometidas en que isto sexa así”. A desascrición realizarase curso a curso, de modo que o alumnado que se matricule en 1º no curso 2024/2025 xa o fará na facultade. Mentres dure este proceso, avanzou Silva, o ente provincial manterá “o financiamento da escola ata que o proceso estea finalizado”, o que se agarda que sexa en catro anos.

A presidenta da Deputación tivo tamén palabras de agradecemento para todo o profesorado da escola “porque teñen un enorme compromiso e do seu centro sae un alumnado moi formado, non só en contidos educativos senón en calidade humana, algo fundamental no servizo público de sanidade”. Estendeu tamén o agradecemento ao reitor, porque “sen el isto nunca tería sido posible”; ao propio director da escola, porque “para nós é unha inmensa sorte ter contado con el ao longos de tantos anos”, e a deputada encargada das relacións coa escola Noemí Outeda, e aos tres vicerreitores que acudiron este xoves á xuntanza: a do campus, Eva Lantarón, o de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago e a de Profesorado e Organización Académica, Patricia Valcárcel.

Formación do profesorado

O reitor anunciou tamén que durante o período de desascrición se porá tamén en marcha un programa formativo co obxectivo de conseguir que o actual profesorado da escola acade o título de doutor, así como unhas competencias importantes en temas da investigación. “A nosa aspiración é crear un programa de doutoramento propio relacionado coa enfermaría e, polo tanto, que a facultade teña todos os títulos posibles para a formación de enfermeiros e enfermeiras da máxima calidade”.

No acto deste xoves, tamén interveu o director da escola de Pontevedra, un centro que conta actualmente con 225 estudantes. Explicou que o profesorado do centro é moi sensible e está moi concienciado con facer toda a formación que sexa necesaria para integrarse na Universidade. Neste sentido, tamén explicou que no caso da escola Pontevedra tiña 50 alumnos por curso, pero que hai dous anos lle pediron incrementar esta cifra, algo que non é doado, “polo tema das prácticas, tanto as clínicas nos centros da saúde e nos hospitais, como as simuladas, que se realizan con monitores na propia escola”.

Futuras sedes

Con respecto ás sedes da futura facultade, o reitor explicou que a docencia seguirase a impartir nos propios hospitais universitarios nos que se está a levar a cabo e, a medida que se vaian incorporando os diferentes cursos, ampliaranse os espazos nos tres campus para que o 60% da docencia que se pode impartir fóra do hospital teña cada vez máis presenza na UVigo.

Se ben non quixo confirmar cal será a localización final, “xa que aínda non é o momento de falar diso”, si anunciou que a Facultade de Enfermaría terá visibilidade nos tres campus e, nesta liña, admitiu a “excelente” localización da escola de Pontevedra, polo que “si é posible tentaremos mantela” no Hospital Provincial. A este respecto e a preguntas dos xornalistas, admitiu que as instalacións do hospital serían excelentes, pero declinou entrar en temáticas que teñen compoñentes políticas importantes, sobre todo nun intre preelectoral como é o actual. “Haberá que falalo entre todos e con moita calma e, nese sentido, eu son optimista”.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X