Galicia e a área sanitaria de Vigo seguen a ofrecer datos positivos da evolución do coronavirus, un balance que, a priori, permitiría pasar á Fase 2 do plan de desescalada na vindeira semana. En termos xerais, continúan a reducirse os casos activos namentres que o índice de falecidos atópase de media media por debaixo dos cinco mortos diarios. No caso da área sanitaria de Vigo, non se producen decesos dende o xoves 11 de maio mentres que o número de ingresados en UCI tanto en Galicia como na zona sanitaria viguesa redúcese.
Segundo os datos que facilitou esta mañá a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus cae aos 1.199 (un descenso de 311 con respecto a onte). A área sanitaria más afectada é a de Vigo, con 352 -que tamén experimenta unha nova baixada, neste caso de 49 casos-. Os datos complétanse cos 277 pacientes activos de A Coruña (-54), os 77 da de Lugo (-22), os 209 da de Ourense (-68), os 62 da de Pontevedra (-31), os 187 da de Santiago (-57) e os 35 da de Ferrol (-30).
En canto a área sanitaria de Vigo, o informe de Sanidade recolle que se rexistra un descenso de 49 casos activos. Nestes momentos, na zona sanitaria viguesa hai 352 persoas loitando contra o COVID19, dos que 15 están hospitalizados -oito no Álvaro Cunqueiro, seis en Povisa e un en Vithas Fátima- e 337 no domicilio. Dos ingresados, hai 4 en UCI- un en Povisa, tres no Álvaro Cunqueiro e ningún en Vithas Fátima-. A día de hoxe téñense curado 1.744 pacientes.
No conxunto de Galicia, do total de casos activos, 18 permanecen en UCI, 94 atópanse en unidades de hospitalización e 1.087 no seu domicilio. Nas últimas 24 horas, Galicia sufriu dous novas mortes polo COVID19, elevando a cifra a 606 falecementos. O número de curados é de 9.155 persoas. A cifra de PCR realizados é de 125.832.
En relación ao número total de persoas que se contaxiaron en Galicia dende o comezo da pandemia, á Xunta volveu revisar e modificar a serie histórica este sábado 16 de maio reducindo en 282 persoas o número total de afectados. Así, pasouse de contabilizar 9.323 afectados a 9.041. A priori, este número nunca podería baixar, xa que se trata de casos contabilizados como persoas contaxiadas. Porén, trataríase dunha revisión de datos que eran erróneos, aínda que non se especifica máis. Arestora, 9.051 galegos padeceron a enfermidade, con 10 novos contaxios nas últimas 24 horas.
El alcalde ha acusado a la Xunta de no defender a Vigo y ha explicado que enviará una carta a la Ministra y otra al conselleiro
El suceso tuvo lugar este viernes a las 17:00 horas. Los servicios médicos desplazados al lugar no pudieron hacer nada por salvarle la vida
Los detenidos entraron al domicilio y amenazaron con un arma de fuego y un cuchillo al hombre. Ahora ingresan en prisión
El trazado limitado a 60 km/hora en la A-55 se amplía ahora en más de 250 metros que hasta ahora estaban señalizados a 80 km/hora
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL