• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

"Violencia Zero" simboliza cunha performance no MARCO o autocoidado das mulleres

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
26/11/2020

“Quitáronnos tanto que xa nos quitaron o medo”. Foi unha das mensaxes de esperanza que a artista Mónica Aranegui pronunciou hoxe na acción artística de “Mulleres en acción. Violencia Zero”, coa que a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo celebraron o 25N desde o Museo Marco de Vigo. Neste acto, tanto a presidenta Carmela Silva como o alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañados de deputadas e deputados, e de concelleiras e concelleiros, volveron lanzar un berro “alto e claro” contra a violencia exercida contra as mulleres, aínda que, como a artista, fixeron “un canto de esperanza”, convencidas “de que imos conseguir reverter esa situación tan inxusta”.

“Aniñará” foi o título da orixinal performance que a creadora Mónica Aranegui deseñou especificamente para o Marco, na que escenificou a necesidade do autocoidado das mulleres. A artista apareceu envolta nunha capa de lá que foi desfacendo e da que colgaban múltiples tarxetas. Nalgunhas, mensaxes machistas dun fío de Twitter publicado no 2017. Doutra banda, mensaxes de empoderamento que ela mesma publicou na rede coa axuda dun grupo de acción feminista. As mensaxes de esperanza foron gardadas nun bolso. As de violencia e de silencio, forman parte agora da terra da que brota unha planta. Unha acción cunha carga simbólica que, como destacou Aranegui, “espero que nos axude para ir cambiando as cousas”. “Nin unha máis”, concluíu. A intervención foi seguida por un grupo de mulleres artistas que tamén participarán este ano en “Violencia Zero”, como Xoana, Clara Ferrao, Gemma Marqués e Paula Sanmartín.

Másnoticias

Un detenido por desobediencia y resistencia antes de la salida de manifestación del metal en Vigo

Orden judicial para indemnizar con 21.500 euros a policía herido en las protestas del metal en Vigo

21/07/2026
Zona Franca de Vigo aprueba sus presupuestos para el 2027, con inversiones millonarias en la ciudad

Zona Franca de Vigo aprueba sus presupuestos para el 2027, con inversiones millonarias en la ciudad

21/07/2026

Na súa intervención, a presidenta Carmela Silva volveu incidir no “poder transformador” da cultura para “cambiar o que nos acontece desde o momento que nacemos” e insistiu en que “a violencia machista non e un virus, non é unha pandemia, nin unha enfermidade”. “Os asasinos de mulleres non son enfermos –sinalou-. A violencia machista é o sistema social no que vivimos, onde a metade da poboación o ten todo e a outra metade, nós, vivimos na discriminación. Di Amelia Valcárcel, citou a presidenta, que a violencia nace da subordinación, da submisión e da discriminación, que os machistas cando unha muller se empodera, reclama o seu espazo sae da subordinación, usan a violencia para que volva estar subordinada, submisa, e é así”. Silva insistiu en que “non hai nada máis urxente, ningunha emerxencia mundial máis importante que traballar porque a metade da poboación acade todo aquelo que lle pertence , a metade de todo”. E subliñou que a violencia “é un sistema patriarcal que impide que as mulleres podamos estar no espazo que é noso”, tras lembrar que este ano van 41 mulleres asasinadas, 1.074 desde o 2003 e que nun ano 243 millóns de mulleres, sufriron violencia sexual e física no mundo.

Cunha mensaxe optimista, a presidenta enxalzou o papel das feministas, “nun momento en que están cuestionadas as mulleres “das que somos herdeiras e que nos trouxeron aquí”. “Mulleres que conseguiron o voto universal, as que defenderon que tiñamos dereito a ir a universidade, a ocupar espazos, as que se arriscaron a tomar a voz para dedicarse á política, as que crearon empresas, ongs, as que se apuntaron aos sindicatos, a elas que enarbolaron todas as bandeiras dos dereitos. Sen elas, non estaríamos hoxe aquí”. E animou ás mulleres a seguir “activas, empoderadas, fortes, convencidas de que imos ser capaces de reverter esta situación tan inxusta, a máis inxusta que padece o mundo, que é a que sufrimos as mulleres”. “Estamos aquí para alzar a voz, de pé, no centro dicindo alto e claro que estamos fartas –engadiu-. Estamos cada día máis indignadas, pero coa esperanza de que temos o poder de ser a metade do mundo, e iso é un enorme poder. Compañeiras queridas, irmás, imos cambiar o mundo. Polo tanto tamén é un canto de esperanza

Pola súa banda, o alcalde Abel Caballero, destacou que a “igualdade ocupa o escenario político e social deste momento, despois de grandes penalidades para conseguilo”, cando hai tempo “ser feminista era unha actitude socialmente rexeitable”. Engadiu que “estar contra as violencias machistas é unha grande prioridade” na actualidade, despois de rachar cunha situación na que “a sociedade permanecía cinicamente inactiva diante de casos coñecidos e actitudes que sucedían nas propias veciñanzas”. “Hoxe estamos no proceso de chamar asasinos aos asasinos, e aos maltratadores detestables aprendices de asasinos, e foi un gran avance que temos que consolidar”.

Pero tamén se referiu ao retroceso que está a experimentar a igualdade cos negacionistas. “un proceso preocupante. Son os fascistas, o neofascismo, algo que a xente da miña idade críamos que nunca íamos volver ve e é un enorme factor de preocupación. E máis se cadra que forzas políticas democráticas gobernando blanqueen esas posicións e gobernen con elas. “É o momento de clamar pola Violencia Zero, dixo, e de denunciar aos que pactan con grupos políticos negacionistas das violencias machistas e da igualdade”. “Iso é parte da acción nesta cidade, é parte do que queremos facer. Primeiro atender as vítimas e en Vigo tentamos ser un exemplo desta acción”.

As accións de Violencia Zero en Vigo e Pontevedra foron o punto de arranque do programa da Deputación que, a partires de agora, percorrerá outros 23 concellos da provincia, “para co poder transformador da cultura achegar a loita pola igualdade e a loita contra as violencias machistas, a todos os recunchos de todas as comarcas”.

Temas: Deputación de PontevedrafeminismoigualdadVigoViolencia Zero
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un detenido por desobediencia y resistencia antes de la salida de manifestación del metal en Vigo
Enfoque

Orden judicial para indemnizar con 21.500 euros a policía herido en las protestas del metal en Vigo

El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias

PorPaula Carballo
21/07/2026
Contratiempo en una playa de las Rías Baixas, Vilagarcía desaconseja el baño en uno de sus arenales
Enfoque

Levantada la restricción en la playa de las Rías Baixas que la Xunta desaconsejaba el baño

Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella

PorEuropa Pressy1 Otros
21/07/2026
Zona Franca de Vigo aprueba sus presupuestos para el 2027, con inversiones millonarias en la ciudad
Enfoque

Zona Franca de Vigo aprueba sus presupuestos para el 2027, con inversiones millonarias en la ciudad

Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos

PorMetropolitanoy1 Otros
21/07/2026
El BNG pide declarar Vigo como "ciudad saturada de pisos turísticos" e imponer una tasa municipal
Enfoque

El BNG exige al Concello de Vigo el fin del "acoso administrativo" a eventos culturales de la ciudad

Anuncian solicitarán el acceso a todos los expedientes de autorización de eventos públicos tramitados desde el 1 de enero

PorUxía Pérez
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X