• Desaparecido Miño
  • Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Xulia Vicente, estudante de Publicidade e RRPP, finalista dos Premios Nacionais de Creatividade

Xulia Vicente, estudante de Publicidade e RRPP, finalista dos Premios Nacionais de Creatividade
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
17/03/2025

Os Premios Nacionais de Creatividade 2025 reunirán a industria publicitaria española este venres e sábado en Donostia (San Sebastián) e alí estará tamén a estudante da Facultade de Comunicación da UVigo Xulia Vicente, como finalista da categoría Jóvenes Creativos. O traballo desta alumna do Grao en Publicidade e Relacións Públicas foi un dos seis seleccionados, de entre preto de 200 candidaturas, polo xurado responsable duns galardóns dirixidos a recoñecer as e os novos talentos do sector, no marco dun evento no que se premian os mellores traballos publicitarios do ano en España. A súa proposta e o resto de finalistas formarán parte así mesmo do Anuario de la Creatividad Española, na que a entidade promotora destes premios, o Club de Creatividad (c de c), reúne os mellores anuncios do ano.

“Xa non é só alucinante o feito de quedar finalista, senón aínda máis permanecer ‘gardada’ nun anuario que significa tanto”, salienta Vicente, quen destaca o valor de poder figurar, “aínda sen rematar a carreira”, nunha publicación que reúne anualmente “campañas de axencias e xente que admiro”, sinala. De feito, estes Premios Nacionais da Creatividade contaron neste 2025 con 1463 inscricións, que darán lugar a 423 mencións e 181 proxectos recollidos na XXVI edición deste anuario. De aí que esta estudante defina como “algo así coma un soño” a súa presenza como finalista na gala de entrega destes galardóns, despois de ter participado no evento en 2022 como voluntaria.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Un reto común para todos os participantes

As e os participantes na categoría de Jóvenes Creativos debían enfrontarse, segundo informou a organización, “ao desafío de deseñar unha acción de comunicación” para Mahou. Esta empresa convidaba os novos creativos e creativas a idear proxectos que contribuísen a “volver a posicionar a marca como líder na activación do patrocinio deportivo en España”. Concretamente, a súa proposta centrábase na procura de “ideas de accións innovadoras que aproveiten estratexicamente os descansos durante os partidos de fútbol profesional”, para que a marca poida xerar impacto e conexión coas súas audiencias.

“Sen dúbida, foi un reto bastante grande, ao tratarse dun tema que non é a miña especialidade, pero aí tamén estaba o divertido”, recoñece Vicente, que admite que “nunca fun unha apaixonada do fútbol”. Mais, desenvolver ideas para un sector que non é familiar “tamén potencia moito a creatividade”, engade esta estudante, que organizou un grupo de discusión cos seus amigos “máis futboleiros”, co obxectivo de reunir ideas para o seu proxecto. O resultado final foi La cantera de Mahou, unha proposta que busca conectar o público dos estadios coas e cos futbolistas máis novos.

Esta proposta converteuna nunha das finalistas deste certame, xunto a estudantes das escolas Brother Valencia, Aula Creativa, The Atomic Garden e da Barcelona School of Creativity. Un xurado integrado por oito das e dos responsables dos Premios Nacionais de Creatividade 2025 e por unha persoa en representación de Mahou entregarase de decidir o nome dos gañadores dos premios ouro, prata e bronce desta categoría, no marco dos actos que o CdeC promove este venres e sábado.

“Ao principio, tardei un pouco en asimilar o feito de ser finalista”, recoñece Vicente, que non agardaba este pase á final dun concurso ao que, recoñece, concorreu “con poucas expectativas e moita fe” na súa idea. Neste punto, Vicente admite que optou por presentarse porque lle “apaixona” desenvolver este tipo de proxectos, mais o feito de “quedar finalista ou gañar premios creo que é algo que sempre abre moitas portas no futuro profesional”. Nese senso, a súa selección como finalista deste certame veuse precedida polos dous galardóns que acadou o pasado mes de novembro nos IX Premios Paraugas, promovidos polo Clúster da Comunicación de Galicia e nos que esta alumna foi recoñecida co premio do público e o galardón para novos talentos.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Se confirma la tragedia, hallan el cuerpo sin vida del joven que desapareció el domingo en el Miño
Enfoque

Se confirma la tragedia, hallan el cuerpo sin vida del joven que desapareció el domingo en el Miño

...

PorUxía Pérez
22/07/2026
Vigo descubre los secretos mejor guardados de su patrimonio con la fascinante CMAG
Enfoque

O Concello de Vigo amosa a maior mostra de arte galega na Casa das Artes

...

PorB.C.
22/07/2026
Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X