• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Extra

A científica Paz Otero Fuertes da UVigo, distinguida como mellor investigadora nova de 2022

A científica Paz Otero Fuertes da UVigo, distinguida como mellor investigadora nova de 2022
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
06/03/2023

A científica Paz Otero Fuertes, do Grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias da Universidade de Vigo, acaba de ser distinguida pola revista Toxins como mellor investigadora nova do ano 2022. Este galardón, o Toxins 2022 Young Investigator Award, outórgase cada ano a un científico ou científica junior como recoñecemento á súa excelencia no eido da toxinoloxía, a rama de toxicoloxía que estuda as toxinas biolóxicas, é dicir, producidas por animais, plantas ou microorganismos.

O xurado valora que as persoas candidatas teñan desenvolto investigacións innovadoras e unha importante contribución ao avance da toxinoloxía e o coñecemento sobre todo tipo de toxinas e, no caso de Paz Otero, destacan que ten participado en múltiples proxectos de investigación e publicado 56 artigos científicos, do cales 20 son como primeira autora ou autora de correspondencia; dez capítulos de libros, catro deles como autora principal; dez actas de congresos, ademais de ter un índice de Hirsch de 27.

Másnoticias

En marcha el gran supermercado que aterrizará en el centro de Vigo

En marcha el gran supermercado que aterrizará en el centro de Vigo

03/06/2026
Los 'mini pisos' se instalan en Vigo, el 25% en alquiler miden menos de 60 metros

Los 'mini pisos' se instalan en Vigo, el 25% en alquiler miden menos de 60 metros

03/06/2026

Este premio supón un recoñecemento a toda a súa traxectoria profesional, desenvolta primeiro na Universidade de Santiago de Compostela, despois no Limerick Institute of Technology e na Autónoma de Madrid e, finalmente, na UVigo. O seu traballo céntrase no eido da seguridade alimentaria, a toxinoloxía, a farmacoloxía, os compostos bioactivos mariños, as microalgas, a purificación ou as ficotoxinas, cianotoxinas e micotoxinas. Aínda que esta é a primeira distinción que recibe dende que chegou á Universidade de Vigo, xa foi merecedora previamente, durante a súa estadía en Irlanda, dun premio do Irish Rearch Council.

Na UVigo dende 2020

Paz Otero é, dende decembro de 2020, investigadora do Departamento de Química Analítica e de Alimentos, en concreto do Grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias, que dirixe o catedrático Jesús Simal, localizado en Citexvi, onde están xestionando “un novo laboratorio para poder seguir crecendo como grupo de investigación e poder desenvolver novos proxectos e liñas de investigación”, como relata a científica.

Antes da súa chegada á UVigo, Otero traballou en dous proxectos europeos do Programa Espazo Atlántico enfocados a descubrir novos compostos mariños na costa atlántica (Pharmatlantic 2009-1/117 e Atlantox 2008-1/), ambos na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais foi seleccionada polo Irish Research Council (IRC) co proxecto Dettox: Production, extraction, and detection systems for new marine phycotoxins in Europe, do que era investigadora principal, centrado na detección das toxinas mariñas.

Actualmente está traballando no desenvolvemento dun proceso de produción sostible e rendible para a reciclaxe de subprodutos de olivas, uvas e améndoas en catro ingredientes naturais e saudables para aplicacións nutracéuticas e cosméticas, no contexto do “ambicioso” proxecto europeo UP4Health. Esta iniciativa está impulsada por un consorcio de dez institucións europeas, no que ademais da UVigo, participan Isanatur (coordinador), Contactica, Laboratorios Amerex, Aurora Intelligent Nutrition e Indukern, de España; Zade Vital, de Turquía; Biozoon, de Alemaña; o Instituto Politécnico de Bragança, de Portugal, e a Technological University Dublin, de Irlanda. Como explica a investigadora, “os subprodutos xerados como consecuencia do procesado destes alimentos son unha valiosa fonte de compostos bioactivos e teñen demostrado interesantes propiedades antioxidantes, antiinflamatorias, antimicrobianas”. Estes catro ingredientes que buscan os investigadores nestes produtos son extracto acuoso natural de froitos rico en polifenois, fibra dietética enriquecida en polifenois, extractos oleosos naturais de froita e oligosacáridos.

Impacto do cambio climático na seguridade alimentaria

A investigadora valora a recepción deste premio como “algo moi positivo para dar visibilidade na sociedade ao impacto das toxinas naturais” e, en xeral,  para poñer o foco “na investigación que se realiza na área da toxinoloxía”, xa que dende o seu punto de vista “existe unha falta de coñecemento sobre as micotoxinas, as biotoxinas e sobre como estas chegan ao produtos do mar e aos cultivos e sobre o seu impacto na saúde”. Neste sentido, Otero remarca que se agarda que o cambio climático “afecte á seguridade dos alimentos e aos pensos, incluída a aparición de novas toxinas naturais emerxentes”, polo que este é precisamente “un tema ‘trending topic’ na área da nutrición e a tecnoloxía de alimentos”.

A recepción deste galardón supón para a investigadora da UVigo un premio en metálico de 2000 francos suízos así como a publicación dun traballo na revista Toxins tras a revisión por pares antes de finais de decembro de 2023 e un certificado electrónico.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Últimas plazas para disfrutar de dos rutas gratuitas por Monteferro y Praia América en Nigrán
Extra

El cadáver momificado hallado en Monteferro, Nigrán, era el de un vecino de Cangas de 43 años

...

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026
Alfonso Rueda reclama a Sánchez elecciones generales: "Esto debe acabarse cuanto antes"
Extra

Alfonso Rueda reclama a Sánchez elecciones generales: "Esto debe acabarse cuanto antes"

...

PorEuropa Press
02/06/2026
Tomiño prepara su playa fluvial para el verano y busca socorristas
Extra

Tomiño prepara su playa fluvial para el verano y busca socorristas

...

PorIván Dacal
28/05/2026
El BNG votará a Armengol para presidir el Congreso y apoya el grupo para ERC y Junts
Extra

El BNG exige en el Congreso la ampliación y mejora del Centro de Inserción Social Carmen Avendaño de Vigo

...

PorPaula Carballo
27/05/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X