• Incendio Oia
  • Incendio Vilaboa
  • Parques infantiles Vigo
  • Turismo en Vigo
  • Biblioteca Teis
  • Incendios Galicia
  • Mercado Bouzas
  • Ikea Vialia
  • Festival Pontevedra
  • Nintendo Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Extra

A Xunta retira máis de 2.000 niños de velutina en Galicia no que vai de ano

Ejemplar de vespa velutina // Danel Solabarrieta

Ejemplar de vespa velutina // Danel Solabarrieta

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
28/06/2023

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixeron este mércores balance do programa galego de vixilancia e control fronte á vespa velutina acordado entre a Xunta e os concellos a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Nun encontro con representantes da empresa pública Seaga, da central de chamadas do 012 e do 112 Galicia lembraron que, como cada verán, reforzarase desde o 15 de xullo ata mediados de setembro a liña específica do Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012 para atender os avisos de niños de velutina coincidindo coa época de maior proliferación desta especie.

Másnoticias

Abre el plazo de las ayudas al alumnado de FP que necesite desplazarse para las prácticas

21/08/2025
Llamas del fuego de Quiroga.
- Carlos Castro - Europa Press

La Fiscalía investiga si los lugares afectados por los incendios de Galicia tenían planes de prevención

21/08/2025

Así, esténdese a cobertura a todos os días da semana en horario entre as 08:00 e as 20:00 horas, mentres que o resto do ano está activa de luns a venres tamén nese horario e os sábados de 08:00 a 17:30 horas.

Prieto incidiu na importancia da colaboración cidadá e na necesidade de que contacten co teléfono 012 cando detecten un niño de vespa velutina e informen da súa presenza co obxectivo de minimizar o seu impacto e frear o seu avance na comunidade.

Ademáis, manterase o chatbot posto en marcha en xullo do ano pasado para comunicarlle á Xunta a presenza de niños de vespa velutina como vía complementaria ao Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012.  A través desta canle de comunicación recibíronse desde a súa posta en marcha e ata a semana pasada máis de 5.600 interaccións. Trátase dunha contorna de chat similar á doutros servizos en liña, que conta con opcións pechadas de resposta para guiar os usuarios co obxectivo de rexistrar o aviso de forma adecuada. O servizo está dispoñible as 24 horas do día os 365 días do ano e pódese acceder desde a páxina web.

Outra vía complementaria na xestión de avisos que se estrea como novidade neste ano é un axente virtual, un robot de voz baseado nos últimos avances en linguaxe natural e con tecnoloxía de última xeración e intelixencia artificial que funciona as 24 horas do día e se atopa integrado na ferramenta de xestión de avisos. Nesta liña, o Goberno galego mantivo o servizo de comunicación de resolución de avisos mediante SMS coas persoas que deron a notificación para informalas, o que supuxo no primeiro semestre deste ano máis de 5.500 mensaxes enviadas.

Neste servizo integrouse o ano pasado a aplicación Controlvelutina, que os efectivos de Seaga empregan para xestionar os avisos introducindo en tempo real os datos de xeolocalización e fotografías do niño, as observacións de cada caso e o resultado final. Xa se realizou ademais a súa integración cos servizos de emerxencias do 112. Permítese así que se poidan derivar de forma automática os avisos para mobilizar os medios de retirada nos casos máis urxentes.

Pola súa parte, o director xeral de Emerxencias e Interior aclarou que cando os avisos se corresponden cunha urxencia ou son de risco especial por estar en lugares moi concorridos derívanse aos servizos de emerxencia do 112 para a súa retirada inmediata. Puxo como exemplos niños activos no interior de vivendas habitadas ou en establecementos singulares ou de pública concorrencia.

Niños retirados

O operativo da empresa pública Seaga encargada da encomenda da retirada dos niños desta especie nos 311 concellos galegos adheridos desprazou efectivos en máis de 5.000 ocasións entre xaneiro e xuño. Desta cifra, máis de 2.000 casos corresponden con niños eliminados ou neutralizados -957 na provincia da Coruña, 830 na de Pontevedra, 163 na de Lugo e 105 na de Ourense-, pero cómpre aclarar que noutros 2.155 avisos atendidos tratouse de niños inactivos. Ademais, noutros 516 casos non procedeu actuar  por tratarse de especies distintas da vespa velutina ou por non poder visualizarse de forma directa, e en 142 supostos tratábase de avisos duplicados xa comunicados por outros cidadáns.

Na maioría dos 2.000 niños retirados, os efectivos de Seaga levaron a cabo os traballos nun prazo de menos de cinco días hábiles. En caso de existir dificultades para o acceso, realizáronse as actuacións necesarias para proceder coa maior rapidez posible.

Temas: Galiciavespa velutinaXunta de Galicia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Extra

Abre el plazo de las ayudas al alumnado de FP que necesite desplazarse para las prácticas

¿Cómo funcionan estas ayudas en Galicia? ¿Quién puede solicitarlas? Consulta aquí toda la información sobre ellas

PorEuropa Press
21/08/2025
Foto recurso de un mosquito tigre // Jcomp - Freepik
Extra

Detectan larvas de mosquito tigre en Mos y ya vigilan su expansión en el municipio

A través de la aplicación Mosquito Alert, la ciudadanía puede fotografiar insectos y enviar las imágenes a expertos para su evaluación

PorEuropa Press
20/08/2025
Foto: Jesús Hellín - Europa Press - Archivo
Extra

Los trenes de alta velocidad entre Galicia y Madrid se reanudan con plazas adicionales

La línea de trenes de alta velocidad que conecta Galicia y Madrid volverá a estar operativa desde las 17:00 horas tras siete días cortada

PorMetropolitano
20/08/2025
Extra

Optimismo en los servicios de extinción de Ourense: "La situación está mucho más calmada"

La jefa de servicio de prevención de incendios en Ourense asegura que "por fin" avanzan con las tareas propias de extinción de los fuegos

PorMetropolitano
20/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X