A obra de Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal, ten traspasado todas as fronteiras e ten sido traducida ao alemán, inglés, francés, catalán e mesmo xaponés, entre outros idiomas.
Entre toda a súa produción poética destaca sen dúbida “Cantares Gallegos”. Publicado en Vigo en 1863, foi o primeiro libro escrito integramente en lingua galega. Asociada á lírica e á esfera popular, a autora utiliza esta dimensión para desenvolver unha alegoría nacional sobre a dignidade de Galicia e a súa épica nos diferentes poemas que compoñen a publicación.
Hoxe, 154 anos máis tarde, o IES Urbano Lugrís, da Coruña, dálle unha volta de rosca a un dos seus poemas máis celebres “adiós ríos, adiós fontes” e faino aínda máis universal. Os alumnos do curso pasado remataron o obradoiro de interculturalidade da Biblioteca Escolar cun vídeo dos participantes do mesmo recitando 12 idiomas os versos rosalianos.
A continuación podes escoitar "adiós ríos, adiós fontes" en portugués, galego, castelán, wolof (lingua falada en Senegal e Gambia), aymara (lingua nativa de diferentes pobos de América do Sur), rumano, inglés, francés, árabe, romanó, guaraní (idioma do Cono Sur de América e oficial en Paraguay), e máis lingua de signos. Un exemplo de que as diferentes culturas poden entenderse neste mundo que nos tocou vivir.
La colisión frontal entre un turismo y una ambulancia en la N-120 en Ourense deja a los conductores de ambos vehículos heridos de gravedad
El TSXG confirma trabaja en la redistribución de plazas de funcionarios para solucionar el "problema" de la ejecución civil en Vigo
La alerta de los vecinos permitió a la Guardia Civil detener a un joven que llevaba la caja registradora del bar en el que acababa de robar
Agentes de la Policía Nacional ayudan a salvar la vida de un hombre que sufrió una parada cardiorrespiratoria en Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL