A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fixo entrega esta tarde a Discamino dun vehículo adaptado para cadeiras de rodas, con plataforma eléctrica, destinado ao traslado dos usuarios da nos percorridos do Camiño. TA entrega é froito do convenio de colaboración asinado o pasado 24 de abril entre a Xunta e a asociación viguesa no que o Executivo autonómico comprometeu unha achega de preto de 37.000 euros.
Durante o acto que tivo lugar na residencia en Navia de Alento onde ten a súa base Discamino, Fernández-Tapias destacou que a Xunta impulsou a candidatura do seu fundador, Javier Pitillas, ao Premio Princesa de Asturias da Concordia 2021 cuxo fallo esta previsto para o vindeiro 30 de xuño.
Discamino naceu no ano 2009, destinada a posibilitar a realización do Camiño de Santiago a todas as persoas con discapacidade que mostren interese nesta ruta de peregrinación como vía de superación persoal, ademais de difundir os valores da cultura do deporte e do esforzo, así como o recoñecemento e a valía de todas as persoas, independentemente das súas características.
Na actualidade, Discamino conta con 90 voluntarios que co seu traballo posibilitaron que ata o de agora 115 persoas con discapacidade puidesen vivir a experiencia da Ruta xacobea. En total, desde hai xa 11 anos e de xeito ininterrompido, realizáronse 72 camiños, entre os que salientan catro veces o Camiño Francés, dúas a Vía da Prata e distintas probas deportivas como a volta ciclista a España, a volta ciclista por Andalucía, a volta ciclista polo Cantábrico ou as rutas polos Alpes e os Pirineos.
Francisco Javier Pitillas Torra é sarxento da Policía Local da cidade olívica e atleta de éxito internacional. Apaixonado do atletismo, foi subcampión absoluto de España, internacional en seis ocasións, e campión de España en categoría de veteranos. No ano 1996, Javier Pitillas comezou a adestrar a persoas asociadas á Organización Nacional de Cegos, ONCE, e desde entón adestra a persoas con diversidade funcional e colabora con multitude de entidades de atención á discapacidade tanto de ámbito autonómico como estatal. Polo seu traballo con Discamino, Pitillas conta coa Medalla Castelao en 2014 e a condecoración da Orde do Mérito Civil en 2015.
Dice que la explicación que da el procesado sobre la sangre de la víctima hallada en su ropa no es "coherente" con la investigación
El menor, que carece de permiso de conducir, estaba intentando huir de un control de tráfico al ir circulando a velocidad excesiva
El acusado ha señalado ha apuntado a que el fallecido y un tercer compañero de habitaba la casa sí estaban cabreados
Pontevedra es la provincia que concentra más pisos turísticos ilegales de las cuatro gallegas según el documento de Consumo
El programa de cursos de verano de la UVigo llega con tres novedades: arte 3D, desarrollo de software y literatura feminista
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL