Recoñecemento europeo para a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño. Europa vén de premiar á OMIX de Tomiño polas súas boas prácticas como oficina Multiplicadora Eurodesk, un espazo que se encarga da xestión da información europea da provincia sobre campañas, iniciativas e programas de formación a nivel europeo.
Con este galardón en materia de comunicación dáse un "gran recoñecemento aos encontros anuais que a rede de información europea na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal realiza dende 2014, nos que se comparten boas prácticas e se planifican accións conxuntas", destacan dende o Concello.
Como se salienta na diapositiva coa que se presentou esta iniciativa, "a vida non é doada para as redes de información europeas situadas moi lonxe de institucións e dos centros de decisión da Unión Europea, pero dende as que se quere contribuír a facer Europa tamén dende a mocidade. O entusiasmo por achegar Europa á veciñanza e ao tecido empresarial e académico da Eurorrexión dan unha forza extraordinaria aos membros desta rede que pouco a pouco vai incrementando a súa visibilidade e perfeccionando a súa complementariedade e a oferta de servizos".
Diapositiva presentadaA OMIX de Tomiño forma parte dunha rede de 1.200 profesionais con representación en 34 países dirixida principalmente á mocidade e ás entidades que traballan neste ámbito en Europa e que busca concienciar á rapazada sobre as oportunidades de mobilidade que existen na UE.
“Este premio é o recoñecemento do arduo traballo e compromiso da nosa OMIX para brindar información e orientación de calidade aos mozos e mozas tomiñesas. A través de Eurodesk facilitamos o acceso a oportunidades de mobilidade, programas educativos e experiencias no estranxeiro fortalecendo o crecemento persoal e as perspectivas da nosa mocidade. Este premio ten que ser unha motivación para seguir avanzando no noso labor de apoio á nosa rapazada”, destacou a alcaldesa, Sandra González.
Piden dos años y seis meses de cárcel para los tres responsables de un club de alterne de Vigo. El juicio arranca el miércoles
¿Has visto algún rayo este domingo? Este domingo Galicia ha llegado a registrar hasta 1.700 rayos en todo el territorio
El jugador del Dépor se precipitó contra las rocas en el paseo marítimo de A Coruña. Presenta lesiones leves y está en observación
La Diputación de Pontevedra lanza 4 nuevos vídeos de su proyecto para divulgar la toponimia tradicional. Así es el de Baiona
Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL