Xa convertido nunha tradición de outono, Gadis presenta un ano máis a súa férrea defensa do xeito de ser galego dentro da súa campaña promocional de “Vivamos como galegos”. Por segundo ano, a Covid continúa protagonizando o seu principal spot do ano. Se en 2021 miraba directamente ao virus e espetaba un “que che dean”, este ano recoñece que as nosas vidas aínda continúan marcadas pola pandemia converténdonos en “toxos involuntarios”.
O anuncio da cadea de supermercados con sede en Betanzos cambia o foco e céntrase nos mozos, nun alegato protagonizado por xoves que, ante o intento por criminalizalos de irresponsables durante a pandemia, expoñen que “parvos hainos en todas as idades”.
O spot comeza reflexionando sobre cómo nos verían dende outro planeta. A nosa “nova normalidade” sería entendida como a verdadeira normalidade, nunha sociedade que “non da apertas, vai a concertos sentados, fala coa cara tapada e saúda facendo a mona”. Resumindo, que somos “toxos”. Aí é onde apuntan que quizáis pensarían que os máis mozos poden ser “máis parte do problema que da solución” pero os protagonistas do anuncio inician entón unha alegación recordando que en todas as idades hai irresponsables e piden unha “enchenta emocional” para poder, ao fin, acabar coa fame. A fame de saír, a fame de bicos, a fame de papar, a fame de carallada, a fame de avoíños, fame de verbena, fame de xente ou fame de ter un Nadal normal.
Para dar un “empurronciño” e “axudar un pouquiño á ciencia”, Gadis tira novamente de galeguidade para invocar “as forzas da nosa terra para afastar os demos, os malos espírutos e os virus”. Todo para “mandar ao carallo ao virus dunha p*** vez e volver a vivir como galegos.
La colisión frontal entre un turismo y una ambulancia en la N-120 en Ourense deja a los conductores de ambos vehículos heridos de gravedad
El TSXG confirma trabaja en la redistribución de plazas de funcionarios para solucionar el "problema" de la ejecución civil en Vigo
La alerta de los vecinos permitió a la Guardia Civil detener a un joven que llevaba la caja registradora del bar en el que acababa de robar
Agentes de la Policía Nacional ayudan a salvar la vida de un hombre que sufrió una parada cardiorrespiratoria en Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL