James Rhodes (1975) é posiblemente un dos fenómenos musicais máis especial dos últimos anos. Con seis discos publicados, o músico británico converteuse en poucos anos nun auténtico éxito de masas co seu singular xeito de transmitir a música clásica a todos os públicos, rexeitando o tradicional concepto elitista dirixido a un público concreto.
En Rhodes todo é diferente. Un músico clásico atípico, cun look máis propio dun indie que de alguén que interpreta a música de Johann Sebastian Bach, un dos seus compositores de referencia. Pero tamén pola súa transparencia psicolóxica.
En 2015, publicou o seu libro “Instrumental, memorias de música, medicina e loucura”, co que se converteu nun éxito de ventas e no que a xeito de liberación conta como aos cinco anos abusaron sexualmente del, algo que o levou a varios intentos de suicidio, adiccións e a estar nun psiquiátrico. Unha espiral da que fuxiu como el mesmo manifesta grazas á música clásica. “Bach salvoume a vida”, asegura.
Este sábado, o pianista chegará ao Auditorio Mar de Vigo co aforo tecnicamente completo. Algo máis de 1.400 persoas poderán desfrutar da súa interpretación da música clásica, que fai parada en Vigo dentro da súa xira internacional “Fire on All Sides Tour”.
Porén, James Rhodes está xa en Vigo e, como o resto de visitantes, non dubidou en probar os nosos manxares ou achegarse até o Vigo SeaFest. “Non podo crer cantos sorrisos vin hoxe en Vigo”, compartiu nas súas redes sociais. Por suposto, tamén parou no dinoseto e atreveuse a escribir en galego. Rhodes, ¡benvido a Vigo!
Se ha confirmado que se trataba de un vecino de Cangas conocido como 'Panu', y que ha sido incinerado este martes en el concello morracense
El presidente gallego ha ha defendido que un cambio de Gobierno "podría solucionar" muchos de los problemas actuales
Se buscan socorristas para preparar la temporada de baño en Tomiño. Será para la bonita playa fluvial de la localidad
El Centro de Inserción Social se estrenó en 2006 "con instalaciones inferiores a las necesarias para atender a la mayor ciudad de Galicia"
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL