O comercio do Morrazo está decidido a poñer todas as ferramentas necesarias para adaptarse á nova realidade e lograr que os cidadáns continúan mercando no comercio de proximidade, aínda que sexa a golpe de clic. Tras poñer en marcha unha tenda online ao estilo Amazon na que participan comerciantes de Cangas, Moaña, Bueu e Marín asociados a Fecimo, agora a Federación activa unha nova campaña de promoción con envíos de balde durante todo o mes de marzo.
A campaña, que arrancará o luns 8 de marzo, busca “animar ás persoas a seguir confiando no comercio local e incentivar as compras e pedidos” a pesares da situación de pandemia e os diferentes cambios nos peches perimetrais e restricións de mobilidade en cada concello.
Todos os pedidos que os clientes fagan nos establecementos asociados contarán coa bonificación dos envíos para permitir que tanto negocios como clientes saian beneficiados da iniciativa. A proposta é válida tanto para as canles de venda non presenciais que teña o propio establecemento (como Instagram, Facebook, WhatsApp e outras) como para o gran Marketplace do Comercio do Morrazo que se puxo en marcha en decembro e ao que podes acceder facendo clic aquí.
Dende Fecimo lembran que lévanse moitos anos traballando por ser unha federación de referencia na dixitalización do comercio local da comarca, xa que analiza continuamente o mercado e non quere que ningún dos seus asociados quede atrás. Agora, combinando o centro online do comercio local e os envíos gratuítos (bonificados pola federación), tanto clientes como empresas asociadas gozarán de tódalas facilidades e beneficios destas novas fórmulas de compra”.
Sanidade señala que ya trabaja en un plan de contingencia ante el el "alto riesgo" de una huelga indefinida en el sector
La colisión frontal entre un turismo y una ambulancia en la N-120 en Ourense deja a los conductores de ambos vehículos heridos de gravedad
El TSXG confirma trabaja en la redistribución de plazas de funcionarios para solucionar el "problema" de la ejecución civil en Vigo
La alerta de los vecinos permitió a la Guardia Civil detener a un joven que llevaba la caja registradora del bar en el que acababa de robar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL