O Concello do Porriño reactiva o Servizo de Normalización Lingüística, que conta con persoal técnico ao dispor da cidadanía, o seu propio espazo web e nova imaxe corporativa.
"Dende a concellería queremos que a veciñanza saiba que dispón dun servizo local ao que pode recorrer en busca de asesoramento en materia lingüística ou do proceso de normalización", explicou a concelleira de Normalización Lingüística, Carolina González. "Fomentar o uso do galego e garantir a súa calidade lingüística é responsabilidade de todos e todas", engadiu.
Con obxectivo de facilitar dito asesoramento habilitouse a dirección de correo electrónica [email protected] a través da cal os interesados poden comunicarse coa técnico e consultar calquera dúbida. Andrea González será a técnica encargada deste servizo e ofrecerá asesoramento nos diferentes departamentos municipais en todo o relacionado coa política lingüística e na planificación, xestión e execución de programas municipais de dinamización e fomento do uso do galego.
O servizo tamén contará con nova imaxe corporativa e o seu propio espazo web, onde se divulgarán materiais de promoción do uso do galego e información sobre as distintas actividades de dinamización postas en marcha.
La investigación comenzó tras varias informaciones que apuntaban a que una persona se dedicaba a la venta de estupefacientes
Se ha confirmado que se trataba de un vecino de Cangas conocido como 'Panu', y que ha sido incinerado este martes en el concello morracense
El presidente gallego ha ha defendido que un cambio de Gobierno "podría solucionar" muchos de los problemas actuales
Se buscan socorristas para preparar la temporada de baño en Tomiño. Será para la bonita playa fluvial de la localidad
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL