As lápidas, ultimas vontades e esquelas están escritos maioritariamente en castelán, aínda que o finado falara toda a vida en galego. A esta situación busca poñer fin o Concello de Salceda e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüísticas que celebrarán este sábado, 5 de xuño, un acto de sinatura de vontades galeguizadas.
A cita, baixo o lema “En Galego, Agora e Sempre”, terá lugar ás 11:30 horas no cemiterio parroquial de San Xurxo. Este evento englóbase dentro das actividades das Letras Galegas no municipio.
Todas e todas os que queiran asinar a súa Acta de Derradeiras Vontades poderán facelo, deixando expresa constancia do seu desexo de seren soterrados na lingua galega, incorporando aos testamentos unha manda específica neste sentido para que os herdeiros a cumpran.
“En Galego, Agora e Sempre” pretende achegar o galego ao campo das defuncións e os soterramentos. Só o 2% das esquelas publicadas nos medios de comunicación están en galego, e unicamente unha de cada mil lápidas está escrita no idioma de Galicia. Así pois, este acto busca unha maior presenza da lingua galega non só en esquelas e lápidas, senón nos ramos e coroas, nos recordatorios, nos funerais e en todo o que se refire ao momento do falecemento.
No caso de Salceda a poboación é maiormente galegofalante, chegando a unha porcentaxe en torno ao 90% nas diversas parroquias do municipio, que sen embargo non se ve reflexado nos cemiterios, lembrando en castelán a cantos en vida usaban o galego a diario.
A través de la aplicación Mosquito Alert, la ciudadanía puede fotografiar insectos y enviar las imágenes a expertos para su evaluación
La línea de trenes de alta velocidad que conecta Galicia y Madrid volverá a estar operativa desde las 17:00 horas tras siete días cortada
La jefa de servicio de prevención de incendios en Ourense asegura que "por fin" avanzan con las tareas propias de extinción de los fuegos
El Teixadal de Casaio se ha salvado del fuego, pero no sus alrededores. Los vecinos lograron salvarlo pese a la proximidad de las llamas
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL