A OMIX do Concello de Tomiño pon en marcha unha nova xornada de sensibilización e adopcións de cans e gatos, un evento co que se busca concienciar sobre a tenencia responsable de mascotas e fomentar a adopción de animais de compañía. A cita será este sábado 17 de xuño de 10:00 a 14:00 horas no Campo da Feira.
A xornada está organizada polo grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño en colaboración con varias protectoras da comarca, como Aloia, Tu eres nuestra ayuda ou Bai sen pulgas. O obxectivo é promover a adopción fronte á compra de animais de compañía, así como concienciar a todas as persoas participantes da importancia de non abandonalos ao longo do ano, facendo especial fincapé na tempada estival. Unha iniciativa de sensibilización que cobra aínda máis relevancia tendo en conta que España sitúase á cabeza de Europa en cifras de abandono animal, con 700 mascotas abandonadas cada día.
Durante toda a mañá do sábado o Campo da Feira converterase nun lugar de encontro para posibles persoas adoptantes, onde voluntarios e voluntarias asesorarán sobre o proceso para adoptar unha mascota. Ademais, recolleranse alimentos e material novo ou usado en bo estado para cans e gatos que se doará ás protectoras participantes.
Sanidade señala que ya trabaja en un plan de contingencia ante el el "alto riesgo" de una huelga indefinida en el sector
La colisión frontal entre un turismo y una ambulancia en la N-120 en Ourense deja a los conductores de ambos vehículos heridos de gravedad
El TSXG confirma trabaja en la redistribución de plazas de funcionarios para solucionar el "problema" de la ejecución civil en Vigo
La alerta de los vecinos permitió a la Guardia Civil detener a un joven que llevaba la caja registradora del bar en el que acababa de robar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL