Ecoloxistas en Acción demanda ao servizo de Parques e Xardíns do Concello de Vigo unha actuación urxente para preservar a emblemática Melaleuca dañada polo temporal na súa ubicación actual.
A organización ecoloxista viguesa propón que se acometan de inmediato todos os traballos necesarios para salvar unha das árbores máis queridas e representativas da flora do parque do Castro de Vigo.
Na entrada á fortaleza do parque do Castro de Vigo, medra unha Melaleuca da especie Melaleuca armillaris, tamén coñecida como “Brazalete”. Esta árbore singular se caracteriza por ter un tronco curvado e tumbado no chan e serve de escenario fotográfico e de xogos para moitas cidadáns e turistas. As fortes rachas de vento do temporal Karim tiraron parcialmente a árbore. Levantaron o exemplar rompendo parte das raíces. Outras árbores sufiron estragos na ramaxe e varios exemplares chegaron a desplomarse.
Trás a observación e valoración do estado da melaleuca, o Área de Biodiversdade urbana de Ecoloxistas en Acción estima que é posible restablecer a árbore devolvendo o tronco á súa posición mediante apoio físico e replantando as raíces.
Unha acción urxente evitaría a morte da árbore, preservando así este exemplar tan valorado polas viguesas e vigueses.
La colisión frontal entre un turismo y una ambulancia en la N-120 en Ourense deja a los conductores de ambos vehículos heridos de gravedad
El TSXG confirma trabaja en la redistribución de plazas de funcionarios para solucionar el "problema" de la ejecución civil en Vigo
La alerta de los vecinos permitió a la Guardia Civil detener a un joven que llevaba la caja registradora del bar en el que acababa de robar
Agentes de la Policía Nacional ayudan a salvar la vida de un hombre que sufrió una parada cardiorrespiratoria en Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL