A loita das nais que fundaron a Asociación Érguete non deixa de inspirar novos relatos. Xa está en cine, en televisión e, agora, en teatro. A compañía madrileña Producciones Bernarda localiza a súa nova obra “Los hijos de cualquiera” naquela Galicia dos anos 80 onde un grupo de mulleres plantoulle caro ao narcotráficos polos seus fillos e fillas.
A presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño, agradece “a esta compañía integrada por mulleres comprometidas (Producciones Bernarna) as súas ganas por contar a súa historia”, e afirma que “está segura que será un éxito”. Avendaño aproveita a estrea da obra para lembrar aos responsables culturais que na compañía aínda están a configurar a súa xira.
A directora do grupo, Aldara Molero, afirma que esta montaxe “busca poñer o foco desta historia –a de David contra Goliat, a das formigas contra o elefante, a dos bos contra os malos– nas nais protagonistas; nas mulleres que tiveron a suficiente coraxe para canalizar a súa dor e facelo desembocar nun movemento histórico de transformación social”. Explica ademais que o proceso de creación da obra foi “intenso, sensible e bonito”, xa que “tivemos o pracer de compartir unha charla con Carmen da que aprendemos moito”.
Producións Bernardas fúndase en xaneiro do 2012 froito da necesidade de levar a cabo proxectos de creación artística propios, baseados na investigación de novas linguaxes teatrais .Xorde para dar resposta a unha iniciativa profesional permitindo xerar unha plataforma sólida onde as diferentes disciplinas dos artistas que forman o grupo atopen un punto de encontro común para elaborar proxectos que potencien así a mestizaxe artística e a investigación escénica.
El cineasta gallego comparte este galardón 'ex aequio' con la directora alemana Mascha Shilinzki por su filme 'Sound of Falling'
"Romería", el film de Carla Simón rodado en emplazamientos de Vigo, deja huella en su estreno en el Festival de Cannes
Vigo tendrá como gran colofón este mes el estreno de un festival con una potente programación con visionado y coloquios de estas series
Con esta iniciativa las bandas de música y artistas de Vigo podrán ser escogidas para grabar su propia música y promocionarse
O prazo de inscrición para este título xa está aberto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL