A cantora mosense Uxía gañou o Premio ao Mellor Álbum en Galego nos Premios MIN 2018 da Música Independente, co seu último disco, UXIA-O, dedicado ao poeta Uxío Novoneyra e apoiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Pódeche interesar: A derradeira oportunidade para ver o Pergamiño Vindel [Vídeo]
Nesta décima edición dos galardóns, Uxía compartía candidatura cos galegos Os d’Abaixo, Atrás Tigre, Esposa e Habelas Hainas. No disco, editado pola propia fundación do poeta, Uxía e o brasileiro Sérgio Tannus musican 16 poemas novoneyrianos acompañados por unha banda de luxo: Isaac Palacín (percusión), Santi Cribeiro (acordeón), José Manuel Díaz (contrabaixo), Ana Isabel Días (arpa clásica) e Quim Farinha (violín), con colaboracións especiais de Alberto Vilas (piano en “Cain as follas”) e Fred Martins e Lui Coimbra (voz e violonchelo en “O cuco a cantar”, respectivamente).
O coidado deseño e produción gráfica do librodisco, obra de Niko Alvarellos, inclúe fotografías de Miguel Calvo e caligramas dalgúns dos versos musicados, ademais dunha composición fotográfica na portada sobre unha peza feita especialmente polo pintor galego Antón Lamazares.
La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL