A película ‘Cuñados’ lidera os nomeamentos para a XX edición dos Premios Mestre Mateo con 16 candidaturas, seguida polas longametraxes ‘Jacinto’ e ‘Melancolía’, que se alzan con 11. Pola súa banda, a serie ‘Hierro’ obtén oito.
A Academia Galega do Audiovisual anunciou este xoves os nomes dos proxectos e profesionais finalistas nesta edición, nun acto en Lugo coa presenza de Alba Mancebo, Esther Estévez, Beatriz Serén, Luís Iglesia e María Costas, quen desvelaron as candidaturas finalistas.
‘Cuñados’, ‘Jacinto’, ‘Malencolía’ e ‘Tres’ son finalistas a Mellor longametraxe, mentres que ‘A poeta analfabeta’, ‘A virxe roxa’, ‘O gran camiño’ e ‘Welcome to ma maison’ o son a Mellor documental. As finalistas a Mellor serie son ‘Hierro’, ‘A lei de Santos’, ‘Auga Seca’ e ‘Método Criminal’ e a Mellor serie web ‘Cacola’, ‘Delicias Amargas’, ‘Mataría Microserie’ e ‘Xela Arias. A palabra esgazada’, da Real Academia Galega.
Deste xeito, a primeira rolda de votacións das académicas e académicos converte ao filme ‘Cuñados’ na produción máis votada, conseguindo 16 candidaturas finalistas; seguida por ‘Jacinto’ e ‘Malencolía’, con 11; a serie ‘Hierro’, con oito; e ‘Eles transportan a morte’ e ‘Tres’, con seis. Os directores dos traballos máis votados, Alfonso Zarauza, Javi Camino, Jorge Coira e Toño Chouza, competirán polo premio á Mellor dirección.
Ademais, ‘Cuñados’ acapara seis nomeamentos finalistas nas categorías de interpretación, co tres protagonistas do filme, Federico Pérez, Miguel de Lira e Xosé A. Touriñán competindo polo trofeo a Mellor interpretación masculina protagonista, xunto con Pedro Brandariz, por ‘Jacinto’.
‘Malencolía’ logra cinco candidaturas finalistas para os seus intérpretes, recoñecendo o traballo das actrices de repartición Iolanda Muíños e Ledicia Soa e a protagonista Melania Cruz, así como o de Diego Anido e Ricardo de Barreiro, na categoría de Mellor interpretación masculina de repartición.
Dos 32 programas de TV presentados os votos das académicas e académicos elixiron ‘Cinephilia’, ‘Clac’, ‘Cos pés na terra’ e ‘Dígocho Eu’ e o traballo de Esther Estévez, Paco Lodeiro, Rodrigo Vázquez e Simone Saibene na categoría de mellor comunicador/a.
O videoclip da canción ‘Figa’ de Tanxugueiras é finalista xunto con ‘El volcán’ de Pablo Lesuit, ‘Fukushima’ de Triángulo de amor bizarro e ‘Voucho contar así’ de Grupo Antilia. ‘A comuñón da miña prima Andrea’, ‘Augas Abisais’, ‘Aura e Fracturas’ son as finalistas na categoría de mellor curtametraxe; e ‘E Lalín sóache?’, ‘As estrelas do camiño. Miradas de resistencia’, ‘Redes vivas’ e ‘Xacobeo, camiña a Galicia’ na de mellor anuncio.
A Gala de entrega de premios na que se dará a coñecer o palmarés dos XX Mestre Mateo terá lugar o sábado 19 de marzo no recinto de Expocoruña.
marzo de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vilaboa
A programación da XXV edición da Miteu acollerá un total de seis representación entre os meses de marzo e maio con entrada de balde
marzo de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vilaboa
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL