Alertas
lunes, 15 de agosto 2022
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

“Caramomia”, a novela interactiva e folletinesca para a mocidade da provincia de Pontevedra

“Caramomia”, a novela interactiva e folletinesca para a mocidade da provincia de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
08/05/2020

Este vindeiro luns 11 de maio a Deputación de Pontevedra lanzará o primeiro capítulo da novela interactiva “Caramomia”, a nova iniciativa cultural que promove a institución provincial e que busca implicar á mocidade na lectura a través da publicación nas redes sociais desta historia xuvenil de misterio. O proxecto será asinado a Oito Mans, con dúas autoras e dous autores galegos: Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e O Hematocrítico (pseudónimo de Miguel López). Como subliñou a presidenta Carmela Silva, “trátase dun proxecto innovador co que continuamos a nosa aposta absoluta polo mundo da cultura, un instrumento fundamental para construír unha sociedade avanzada e que as administracións públicas temos a obriga de apoiar”.

A presidenta provincial insistiu no seu firme e directo apoio ás escritoras e escritores galegos, apostando amais por “un novo modelo interactivo e dixital como instrumento de creación literaria“. Carmela Silva personalizou o seu recoñecemento ao sector cultural nos catro protagonistas da proposta e, máis polo miúdo, destacou a paridade como “outro valor” desta innovadora iniciativa, que reúne a dúas autoras e dous autores entre os máis “relevantes da creatividade na nosa comunidade”. Destacou así mesmo que Oito Mans, como se chama a iniciativa impulsada por Costas, Lado, Landesa e O Hematocrítico, “vai dirixido á mocidade e vai ter un escenario creativo moi do noso tempo, que sen dúbida van ser elementos novos que as creadoras e creadores tamén están utilizando para chegar ao maior número posible de persoas da cidadanía”.

Másnoticias

A Deputación lanza axudas a concellos para garantir o abastecemento de auga ante a seca

A Deputación lanza axudas a concellos para garantir o abastecemento de auga ante a seca

04/08/2022
La ocupación turística en la provincia se dispara con datos mejores a los prepandemia

La ocupación turística en la provincia se dispara con datos mejores a los prepandemia

29/07/2022

Pola súa banda, os autores e autoras salientaron este compromiso da Deputación coa cultura e a creación literaria en particular, “sobre todo -como indicou Ledicia Costas– porque estamos a falar dun proxecto de literatura infantil e xuvenil que move a un importante número de nenas e nenos que neste momento tan particular que estamos pasando están confinados nas súas casas”. No que atinxe á novela, a escritora definiuna como “un xogo e unha aventura marabillosa” e valorou especialmente que o público vaia participar dunha forma tan directa no proxecto “porque é unha novela que se vai desenvolver sobre a marcha”. Explicou que na vindeira semana se publicarán os catro primeiros capítulos dos 24 da historia no perfil que xa hai creado en Instagram co nome “Caramomia”, cuxo deseño gráfico é de Landesa. E a partires dese momento, cando xa estean definidos os personaxes e a historia, “os lectores e lectoras van tomar decisións transcendentais que afectan á trama e á nós para ir artellándoa”. O poderán facer cun sistema de votacións que se lanzará ao final de cada capítulo, no que darán opcións para que decidan por que camiño vai avanzando a resolución do misterio. Si adiantou que a historia antiga “ten unha importancia moi relevante, de aí o título de Caramomia”.

Pola súa banda, María Lado e Miguel López explicaron que a idea xurdiu da propia situación de confinamento dos creadores nesta crise sanitaria, “onde nos vimos parados, porque todas aquelas axendas quedaron detidas”. Maduraron a iniciativa en “vídeovermús” e Lado recoñece que coa proposta, “conseguimos reinventarnos, porque todas as persoas da cultura tivemos que facelo, e estamos contentas de atopar este sitio”. Engadiu que a novela está dirixida á crianzas (a partir de dez anos), pero tamén á xente adulta. “Non só vos ides estar xogando senón que nós mesmas, como autoras, imos desfrutar do pracer de escribir sobre a marcha unha historia escrita entre os catro, co reto de traballar en equipo”.

Miguel López, pola súa banda, destacou a “flexibilidade” do proxecto e o uso das redes sociais para que a rapazada “poida ter nas súas casas acceso inmediato á historia e poidan meter as mans en profundidade na historia e influír nela. “Como todo está cambiando, nós temos tamén que cambiar e inventar cousas; a ver que sae”. “É complexo encaixar toda esta escrita en común -agregou Daniel Landesa- usando unicamente os medios telemáticos pero o proxecto é moi bonito”.

A presidenta Carmela Silva anunciou que unha vez rematado o proxecto en redes, a idea é que a institución provincial edite en formato papel esta obra. “Estes proxectos tan novidosos teñen que quedar para a posteridade”, apuntou.

Temas: Deputación de PontevedraLedicia Costasliteratura juvenil
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

agosto de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Más noticias

Llega la Noite Branca de Vigo con conciertos en la terraza del Verbum, talleres y museos gratis
Exposiciones

Llega la Noite Branca de Vigo con conciertos en la terraza del Verbum, talleres y museos gratis

...

PorÁngel Vila
02/08/2022
Tanxugueiras lanza o seu novo disco, “Diluvio”, horas antes de actuar en Castrelos: “Agora todo cobra sentido”
Gafapasta

Tanxugueiras lanza o seu novo disco, “Diluvio”, horas antes de actuar en Castrelos: “Agora todo cobra sentido”

...

PorMetropolitano
29/07/2022
La magia del arte urbano “recupera” para Vigo el tranvía y la fábrica de Santa Clara en Cabral
Gafapasta

La magia del arte urbano “recupera” para Vigo el tranvía y la fábrica de Santa Clara en Cabral

...

PorCarlos I. Castrillón
11/07/2022
A RAG dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego
Gafapasta

A RAG dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego

...

PorMetropolitano
09/07/2022
La UVigo repartirá 45.000€ en becas a los mejores estudiantes
Enfoque

Dous profesores da UVigo, nominados aos Premios Educa a Mellor Docente de España

PorMetropolitano
04/08/2022

Os docentes da UVigo María Asunción Lorenzo Rial e Javier Martínez Torres optan ao galardón de mellores profesores de España

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

agosto de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X