O escritor porriñés Diego Giráldez estará no ciclo "Venres D_letras", organizado pola Concellalía de Cultura que dirixe en funcións Hortensia Bautista, para presentar a súa primeira novela, "Hotel para coleccionistas discretos", unha reflexión delirante e divertida sobre as altas esferas de poder, na que nos presenta a un grupo de auténticos psicópatas que xogan con nós, e que empregan o coleccionismo de banalidades como coartada dos seus enredos. A cita terá lugar, como é habitual, este venres, día 15, a partir das 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas.
A historia nace do pasamento de Amalia Valverde, unha empresaria de éxito integrada neste grupo, formado por outros empresarios, políticos ou banqueiros. Unha homenaxe póstuma nun céntrico hotel, á que acuden todos os seus membros, porá en marcha a trama. Nesa xuntanza, os coleccionistas amosarán o peor das súas facianas e participarán nun xogo no que a súa falla de empatía e o seu carácter psicopático quedarán en evidencia e no que ningún deles será capaz de medir as consecuencias dos seus actos.
Transgresora e, por momentos, esperpéntica, a novela amósase moi apegada á realidade retorcéndoa ata convertila en marerial literario. Para iso, o autor emprega diferentes recursos estilísticos, mesmo diversos narradores, empregando unha linguaxe moi persoal e identificable.
Diego Giráldez é licenciado en Historia da Arte e deuse a coñecer co libro de relatos "Galería de saldos", co que acadou o recoñecemento unánime de crítica e público, convertíndose nun dos escritores de referencia do panorama galego actual.
La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL