• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

Dinoseto "participa" no filme "O Resplandor" no novo cartel do Galician Freaky Film Festival

Dinoseto "participa" no filme "O Resplandor" no novo cartel do Galician Freaky Film Festival
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
31/07/2020

O Galician Freaky Film Festival quenta motores para a súa vindeira edición, que terá lugar do 28 ao 31 de outubro na Sala Videodrome. Coma xa é costume, presentaron o cartel no Dinoseto, quen lles deu a súa bendición. Nesta ocasión, trátase dunha peza que rende homenaxe ao filme "O Resplandor", dirixido por Stanley Kubrick, un clásico do cinema que celebra o seu 40 aniversario. Cunha ilustración de Paulo Mosca e un deseño de María Llauger, mostra nun primeiro plano a Jack Torrance despois de cometer a peor das atrocidades: desfacerse de dous dinosetos xemelgos.

A organización está moi entusiasmada coa nova edición xa que, nesta ocasión, bateron os seus propios récords recibindo preto de 400 obras a concurso, o dobre do ano pasado. Ademais, chegan dende todo tipo de lugares, coma Xapón, Corea do Sur ou Tailandia e Juan de Castro, director do festival, resalta a gran calidade das obras, curtametraxes abraiantes e esperpénticas. “Será unha sección oficial moi coidada, con traballos multipremiados en diversos festivais de terror”.

Másnoticias

Detenido un hombre en Vigo por traficar con drogas sintéticas y cocaína

Detenido un hombre en Vigo por traficar con drogas sintéticas y cocaína

04/06/2026
Vuelve a Vigo el Festival Azul con rutas del mejillón y del pulpo, deportes acuáticos y gastronomía

Vuelve a Vigo el Festival Azul con rutas del mejillón y del pulpo, deportes acuáticos y gastronomía

04/06/2026

Por suposto, tamén haberá oco para actividades paralelas, coma unha exposición de Paulo Mosca, charlas, encontros ou a musicalización da obra “A Carreta Fantasma” da man de Caspervek. Todo, co obxectivo de que a Sala Videdrome “sexa algo moi gamberro e moi especial”, afirma de Castro.

Doutra banda, compre recordar que o Galician Freaky Film Festival será un pouco diferente a outros anos debido a crise sanitaria actual polo coronavirus. Deste xeito, a sala reduce o seu aforo en máis dun 80%, podendo acceder un máximo de 40 persoas. Por todo isto, “teremos unha plataforma online para emitir en streaming” explica Juan de Castro, quen engade que “a sección oficial tamén será accesible vía online”.

Ademais, será obrigatorio usar mascarilla para desprazarse polo interior, tomarase a temperatura na entrada e haberá xel hidroalcohólico e mascarillas a disposición dos asistentes. Do mesmo xeito, implantarase o sentido único de circulación e haberá persoal vixiando para que se cumpra coa normativa.

A Sala Videodrome convertirase no Hotel Overlook

Como xa é costume en cada edición, o GFFF non sería o mesmo se non transformase a Sala Videodrome para ofrecer aos asistentes unha experiencia diferente. Nesta ocasión, tal e como reflicte o cartel, o certame homenaxea ao clásico de terror de Stanley Kubrick “O Resplandor”, protagonizada por Jack Nicholson y Shelley Duvall.

Isto fará que a Videodrome se converta no Hotel Overlook con referencias aos lugares máis emblemáticos da obra coma o salón de baile ou os labirínticos corredores de moqueta que conducen a arrepiante habitación 217.

Galician Freaky Film Festival

Despois de tres anos no que o Galician Freaky Film Festival non parou de medrar e conseguiu colgar o cartel de “completo” en moitos dos seus pases, o certame regresa unha vez máis a sala Videodrome e a cidade co fin de achegar todo tipo de filmes de terror e serie B. O máis abraiante e esperpéntico da industria cinematográfica de Galicia, España e o resto do mundo.

Cabe destacar que para a edición de 2020 recibíronse preto de 400 obras, o dobre do ano anterior, chegadas dende todos os lugares do globo terráqueo coma Xapón, Corea do Sur ou Tailandia. Ademais, a selección de filmes ampliouse coa inclusión de prestixiosas plataformas coma Clermont Ferrand, un dos festivais de curtametraxes máis prestixiosos.

O gran obxectivo do GFFF é reivindicar e recuperar o espírito freak que acada o seu esplendor en Galicia grazas á Xeración Xabarín que bailaba os temas das bandas de Rock Bravú, cantaba o opening de Dragon Ball a pleno pulmón e pedía as películas do Vengador Tóxico no videoclube.

Temas: festivales de cinefestivales de cine en GaliciaGalician Freaky Film FestivalVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas
Enfoque

Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas

El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor

PorIván Dacal
02/05/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X