• Aperitivo de moda en Vigo
  • Cartas Pokémon en Vigo
  • Cascada escondida
  • Villa indiana Redondela
  • Vídeo rescate Ourense
  • Nuevo mirador
  • Afectados Viaxes Loa
  • Arte urbano Nigrán
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Festival de Cans, o festival que visibiliza o traballo das mulleres

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
24/04/2019

O Festival de Cans acolle por segundo ano dentro da súa sección oficial o bloque FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida nesta nova edición. Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego, atoparemos obras actuais e arriscadas que exploran diferentes variantes do documental e do cinema experimental e que van á procura dunha mirada propia a persoal.

Nas nove curtas seleccionadas, que se proxectarán o sábado 25 de maio, emerxe o traballo dunha interesantísima xeración de realizadoras e realizadores nacidos, sobre todo, na década dos 90. Deste xeito, atopamos propostas documentais como “Hora silenciosa” de Noelia Muíño, onde esta cineasta de O Pino que está a formarse na Universidade de Nova York nos introduce na vida das monxas da clausura do Convento de San Paio de Antealtares; ou “En la boca de la mina” do monfortino Brandán Cerviño, que terá a súa estrea mundial en Cans e que está gravada na antiga cidade mineira de El Cobre en Cuba, país onde se formou e desenvolve a súa obra.

Másnoticias

O Porriño anuncia su mayor senda ciclista que incluirá una demanda histórica para el tráfico

16/08/2025

O Porriño y el Círculo de Bellas Artes visibilizan en una plataforma web el legado de Antonio Palacios

15/08/2025

https://vimeo.com/331859169

Por outra parte, tamén haberá curtametraxes que se constrúen desde exploracións autobiográficas e o traballo cos recordos, como o videodiario “16-11-2016 / 13-5-2017” de Marta Valverde (que xoga coa pantalla partida para despregar apuntes diversos da súa vida), “Devalar” de Mar García (onde a cineasta retrata a súa aldea dende a visión da infancia), ou “Cando mamá pechou as caixas” de Arancha Brandón (que trata as dificultades ás que a nai da directora se enfronta cando decide pechar o negocio familiar).

A experimentación nas formas de narrar e a súa confluencia coas Belas Artes están presentes en “Palmira” de Rebeca Lar e “In touch with the infinite” de Alejandra Pombo. Se na primeira nos atopamos coa reconstrución da historia dunha antepasada curandeira da realizadora, a curta de Alejandra Pombo proponnos unha viaxe performativa cara os adentros da natureza. Ambas obras, que se poderán ver por primeira vez en Cans, están marcadas pola formación artística das súas autoras, a primeira centrada na auto-ficción e a segunda na auto-representación. Completan FuraCans as dúas pezas máis experimentadas no visual e no sonoro, “Cómo desaparecer”, do vigués afincados en Barcelona Carlos Martúnez-Peñalver, e “Caerán lóstregos do ceo”, de Adrián Canoura, unha curta que se sitúa entre a natureza e a mística, e que vén de gañar dous premios en “FILMADRID” e ser escollido pola prestixiosa crítica Nicole Brenez como un dos mellores filmes do 2018.

FuraCans está chamada a converterse nunha das grandes apostas desta XVI edición do Festival de Cans, un interese que se percibiu no aumento de curtas recibidas -arredor de medio centenar de obras- das que só nove entran a competición. As entradas para FuraCans están dispoñibles dende o martes 23 de abril na tenda oficial do evento a un prezo de 6 euros. Estas localidades darán acceso ás proxeccións das curtas de non ficción, que terán lugar o sábado 25 de maio podendo elixir entre a sesión matinal ou sesión de tarde. O aforo é reducido, poñeranse 180 entradas para o paseo de mañá e 90 para o de tarde, polo que se recomenda adquirilas axiña.

Temas: A LouriñaCineFestival de CansO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York

PorPaula Carballo
06/08/2025
Gafapasta

Romería, la esperada película de Carla Simón rodada en Vigo, inaugurará el FICBueu 2025

La proyección de "Romería" tendrá lugar el 5 de septiembre en el FICBueu, el mismo día que la película llega a las salas de cine

PorMetropolitano
31/07/2025
Enfoque

El "súper ventas" Santiago Díaz presenta uno de los thrillers del año en Vigo: "Jotadé se hace querer"

El escritor Santiago Díaz narra la historia de "Jotadé", un policía gitano, en su nueva novela. Es el inicio de una nueva trilogía

PorIván Dacal
21/07/2025
Gafapasta

A RAG dedicará en 2026 o Día das Letras Galegas á viguesa Begoña Caamaño

O próximo 17 de maio estará dedicado a Caamaño, quen debutou na madurez como narradora, aos 45 anos de idade, con 'Circe ou o pracer do azul'

PorMetropolitano
20/06/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X