A asociación FICBueu vén de abrir o prazo para a presentación de obras ao 11º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se desenvolverá entre o 7 e o 15 de setembro co apoio do Concello de Bueu, entre outras administracións e entidades. As bases contemplan ata oito seccións paralelas, que se completarán unha vez resulten seleccionados os filmes da Sección Oficial.
Ata o 14 de abril permanecerá aberto o prazo para o envío das curtas, que por segundo ano consecutivo se realizará a través da plataforma Shortfilmdepot. Poderán presentarse traballos estreados a partir do 15 de abril de 2016, cunha duración que non supere os 30 minutos. O 15 de maio daranse a coñecer as obras escollidas, que no caso da Sección Oficial optarán a máis de 5.000 euros en premios, tendo en conta os destinados a centros educativos.
Un xurado internacional encargarase de outorgar as Ánforas de Ouro e Prata, alén dos once galardóns artísticos e técnicos, mentres que un xurado estatal entregará os das mellores curtametraxes galega e española, aos que se suma o premio do público. O FICBueu convidará a asistir a representantes de todas as curtas da Sección Oficial, polo que este ano se volverá garantir unha destacada presenza internacional nos días do evento. A esta escolma súmanse as seccións paralelas: Galicia, España, Animación, Comedia, Festival Invitado, Infantil, Latinoamérica e Premio de Honor, esta última como novidade.
O obxectivo do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu é contribuír á promoción das mellores curtas realizadas nos dous últimos anos no ámbito internacional, así como ao impulso dos novos valores, prestando especial atención aos cineastas galegos. No entanto, a organización está a traballar na configuración dun programa máis amplo, na liña do décimo aniversario celebrado o pasado ano, que incluirá unha morea de actividades de carácter cinematográfico e cultural pensadas para distintos tipos de público. A isto engádense as accións da Área Social do FICBueu, que xa están en marcha con diferentes colectivos.
La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL