Diferentes grupos musicais de Vigo veñen de crear unha nova plataforma, “Grupos de Vigo en loita” para denunciar a ausencia de salas públicas e gratuitas de ensaio na cidade. Nun comunicado, lamentan que mentres que noutros concellos reabriron progresivamente as súas salas despois da desescalada do confinamento de 2020, o Goberno local de Vigo mantivo pechado Vigosónico, o espazo para a creación musical municipal situado en Valadares, despois de que o Concello tamén clausurara a Casa da Xuventude e as salas do Castro.
“Despois de meses sen información ao respecto, as usuarias e usuarios de Vigosónico recibiron a mensaxe de que podían por fin ir buscar o seu material, tras meses en condicións de humidade descontroladas, xa que o peche que no seu momento foi temporal sería indefinido”, explican dende a agrupación.
Estes feitos suscitaron unha serie de protestas que continúan a día de hoxe, máis dun ano despois deste peche indefinido. Por iso, integrantes de bandas de Vigo e da zona uníronse agora en torno á plataforma “Grupos de Vigo en Loita”, para demandar "unhas salas de ensaio públicas, gratuítas e accesibles a disposición de todas as músicas e músicos vigueses", coa reapertura de Vigosónico “como mínimo”, sendo “ideal” tamén a reapertura do resto de espazos pechados nos últimos anos. A plataforma ten xa presencia nas diferentes redes sociais.
Dende Grupos de Vigo en Loita denuncian "a perda de espazos de ocio e culturais para a mocidade e para a poboación xeral", nas que se encadraría o peche de Vigosónico e das súas predecesoras, que eran máis accesibles pola súa situación máis céntrica na cidade. Un peche que dende o colectivo consideran "totalmente inxustificado por criterios sanitarios, como amosa a actividade das salas de ensaio privadas e as públicas de moitos outros Concellos". Hai uns meses, as bandas de Ferrol seguiran un camiño similar coa creación da plataforma Reapertura Xa Locais de Ensaio Ferrol, que segue a desenvolver a súa actividade para esixir a reapertura dos locais do mercado da Magdalena.
Trueno sorprende en Castrelos con dos artistas invitados. Cuando Trueno canta, Vigo levanta la mano al ritmo de la calle
Abel Caballero ha tildado este viernes de "intolerable" que la Xunta "maltrate la educación pública y concertada de la ciudad"
La policía de Vigo se trasladó a la Panificadora para atender un posible caso de violencia de género. Detuvieron a un hombre que reside en este inmueble abandonado
Tablas top, conservas del mar y vinos cuidadosamente seleccionados. Esta es la nueva propuesta del nuevo templo del embutido en Vigo
Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL