• Propuesta gastro Nigrán
  • Conciertos Vigo
  • Festival Azul
  • Mercadillo Vigo
  • Festa da Coca
  • Festa da Rosa
  • Desafío Verdugo
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

Kleber Mendonça Filho, a conexión directa entre os festivais de Cannes e Cans

Kleber Mendonça Filho, a conexión directa entre os festivais de Cannes e Cans
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
12/08/2021

O cineasta brasileiro Kleber Mendonça Filho, gañador do Premio do Xurado no Festival de Cannes 2019, será un dos grandes protagonistas da XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro. Mendonça Filho será o convidado do coloquio central do Festival, que terá lugar o sábado 4 de setembro ás 12,00 horas no Espazo  da Leira do Río. Ademais, o certame adicaralle unha retrospectiva na que se proxectarán as tres longametraxes que realizou ata o momento e varias das súas curtametraxes.

Tanto nas súas curtametraxes coma nos seus filmes, Mendonça retrata as alegrías e as penas da clase media brasileira, con diferentes contextos políticos de fondo, que van desde o Brasil culturalmente emerxente de Lula, ata o país actual presidido por Jair Bolsonaro, que planea sobre o seu último filme, ‘Bacurau’. Sempre cargado de crítica social, sen renunciar a unha fina liña de humor, cunha música moi ben elaborada, e coa súa cidade, Recife, coma omnipresente personaxe silencioso, o cinema de Mendonça Filho érguese como imprescindible no contexto actual.

Másnoticias

O Porriño se vuelve viral tras enamorar a un popular influencer, "de los lugares más bonitos de España"

O Porriño se vuelve viral tras enamorar a un popular influencer, "de los lugares más bonitos de España"

04/06/2026
Escolares de O Porriño se suman a la "Operación Ola" para disfrutar de jornadas de surf

Escolares de O Porriño se suman a la "Operación Ola" para disfrutar de jornadas de surf

03/06/2026

Despois de ter traballado como crítico de cine e programador, e logo tamén dunha prolífica carreira como reputado curtametraxista, Mendonça Filho comezou a desenvolver unha exitosa obra como director de longametraxes. Ata o momento, dirixiu tres películas de longa duración, con enorme éxito entre a crítica internacional.

O seu filme debú 'O son do Arredor' (2012) (Os Ruídos de Recife), foi aclamado coma unha das dez mellores películas do ano por The New York Times, e foi elixida para representar a Brasil nos Oscar. A súa seguinte película, ‘Aquarius’ (2016) (Dona Clara), cunha impresionante Sonia Braga como actriz protagonista, foi seleccionada na competición oficial de Cannes, nomeada aos Premios Cesar e aos Indenpendet Sipirit Award. E por último, ‘Bacurau’ (2019), codirixida con Juliano Dornelles, recibiu o Premio do Xurado no Festival de Cannes 2019, consagrando a Mendonça Filho como un dos grandes cineastas do momento.

Retrospectiva da obra

O público do Festival de Cans poderá coñecer en profundidade a obra do director brasileiro antes do coloquio. O Festival programou unha retrospectiva en dúas fases. As longametraxes proxectaranse antes de que comece o certame, entre o 26 e o 28 de agosto. As curtas de Mendonça Filho, tamén premiadas en moitos casos nos máis prestixiosos festivais internacionais, proxectaranse o 3 de setembro, na xornada previa ao encontro co cineasta e coa súa presenza no Baixo de Bugarín, no que se poderán ver os filmes.

O xoves 26 de agosto ás 20 horas comeza a retrospectiva co pase de 'O son Arredor'. O venres 27, tamén ás 20 horas, poderase ver 'Aquarius'. O sábado 28 de agosto, ás 12 horas, proxectarase 'Bacurau'. Só haberá 40 entradas para cada pase. Serán de balde pero baixo rexistro obrigatorio que pode facerse na tenda en liña do Festival de Cans (premer aquí).

Antes de chegar a esta traxectoria como cineasta consagrado, Mendonça acadara xa máis de 120 premios en todo o mundo coas súas curtametraxes, seleccionadas en festivais tan prestixisos como Karlovy Vari, BAFICI, Rotterdam ou Clermont- Ferrand. Unha selección destas curtametraxes tamén será proxectada no Festival de Cans o venres, 3 de setembro. O director estará presente.

A proxección das curtas será a partir das 20.30 horas no Baixo de Bugarín. O aforo é de 60 persoas. A inscrición, de balde, tamén é obrigatoria.

FESTIVAL DE CANS

Entradas

O Festival continúa a ter unha excelente acollida entre o público. As entradas para os concertos de Maika Makovski e Ses, postas á venda a semana pasada, teñen unha forte demanda. O certame está a piques de pendurar o cartel de "últimas entradas" para estes concertos. Tamén quedan poucas das 95 postas á vendas para a sección Furacáns e para as curtas que participan a concurso nas seccións oficiais de Ficción e Animación. Están dispoñibles na tenda oficial do Festival de Cans (premer aquí).

Temas: A LouriñaFestival de Cansfestivales de cinefestivales de cine en GaliciaO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas
Enfoque

Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas

El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor

PorIván Dacal
02/05/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X