A película de María Solinha é unha das máis agardadas deste 2020. A crise do coronavirus paralizou o sétimo arte. Obrigou a cancelar a preestrea para o 15 de maio. Sen embargo, o seu director, Ignacio Vilar, apostou por mudar ese plan inicial co obxectivo de que a sociedade galega puidera gozar da súa última obra. O filme cambiará ás salas de cinema das cidades polo rural. O seu camiño de presentación ante o público arrincará con dúas “premières” ao aire libre en Redondela e Cangas, dous municipios fundamentais na película de Ignacio Vilar, que ante a emerxencia sanitaria destaca que “optaron por darlle creatividade a apostar por estas estreas ao aire libre”.
O director de filmes como “A Esmorga”, “Pradolongo” ou “Vilamor” detalla que estes dous grandes eventos cinéfilos terán lugar o venres 19 de xuño en Redondela e o sábado 20 en Cangas. Os lugares aínda non están totalmente confirmados. O que si garante Vilar é que se cumprirán todas as recomendacións sanitarias. Será obrigatorio o uso de mascarilla, o aforo limitarase a 200 butacas para garantir a distnacia de seguridade, o recinto estará precintado e haberá un túnel desinfectante para garantir ao máximo as condicións de hixiene.
A loita contra o coronavirus mesturarase co “glamour” da estrea de “María Solinha”. Nestas dúas primeiras proxeccións ao aire libre en Redondela e Cangas, Ignacio Vilar sinala que o photocall comezará ás 22:00 horas e está previsto que o pase comece ás 23:00 horas. Pola alfombra vermella pasarán protagonistas do filme como Grial Montes, Laura Míguez, Antonio Durán “Morris” ou Santi Prego. O director destaca a singularidade da proxección en Cangas, onde os asistentes verán a película no mesmo lugar onde se desenvolve. Pura maxia.
O “tour” de María Solinha non parará. Ignacio Vilar ultima que esas proxeccións ao aire libre que acollerán Redondela e Cangas teñan lugar noutros concellos de Galicia. É unha aposta polo rural. Supón achegar a sétima arte a eses concellos que non teñen salas de cinema. Esa será a outra singularidade da cinta do cineasta galego, que destaca a Metropolitano.gal que a idea é proxectala nun total de 207 municipios. As sesións serían de balde grazas á colaboración de administracións como as deputacións provinciais e ao apoio de empresas privadas como Abanca.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL