A actriz lucense Melania Cruz recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2020 nun encontro co público que terá lugar na xornada de clausura. Outros recoñecidos persoeiros do mundo do cinema, como o actor Manuel Manquiña ou o crítico Javier Tolentino, participarán nas actividades programadas dentro do 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se desenvolverá do 11 ao 19 de setembro coas limitacións de aforo e demais medidas de seguridade que require a prevención fronte ao coroavirus.
O Encontro con Melania Cruz celebrarase o sábado día 19 na sala multiusos do Centro Social do Mar, con entrada de balde. As e os asistentes poderán achegarse á traxectoria vital e profesional desta actriz, gañadora de dous premios Mestre Mateo e un María Casares. Melania Cruz ten pendente de estrea o filme ‘Ons’ e tamén protagonizou a galardoada ‘Dhogs’, ademais de participar en destacados proxectos do cine galego dos últimos tempos, como ‘María Solinha’, ‘A esmorga’, ‘Arima’ ou ‘Trote’. No entanto, segue facendo teatro e vímola en series galegas como ‘A estiba’, ‘Serramoura’ ou ‘Contou Rosalía’, na que interpretaba á ilustre poeta.
O humor vén sendo unha constante nas últimas edicións do FICBUEU e este ano o monólogo correrá a cargo dun dos seus máximos expoñentes en Galicia, Manuel Manquiña. Con máis de trinta películas ás costas, o actor vigués fíxose coñecido a nivel estatal pola súa participación en ‘Torrente’ e ‘Airbag’, filme que lle valeu unha nominación aos Goya. Puidemos velo asemade no teatro, en programas de televisión e en series da TVG, como a aplaudida ‘Era visto!’. O 11 de setembro, a partir das 22:00 horas, estará no auditorio do Centro Social do Mar para compartir as súas reflexións en ton de comedia co público, que deberá adquirir previamente unha entrada.
Outro dos sinais de identidade do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu viñan sendo os programas de radio en directo, unha das actividades que este ano quedou cancelada por mor da COVID19. Porén, o festival contará coa participación dun dos críticos radiofónicos máis relevantes do panorama estatal, Javier Tolentino, que presentará o seu último libro, ‘Un alfabeto para Emma Suárez’, a través dunha conversa dinamizada pola actriz canguesa Mónica Camaño. O acto está organizado en colaboración con Librería Miranda e terá lugar o martes 15 ás 20 horas na sala multiusos do Centro Social do Mar, con acceso gratuíto.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL