O Festival de Cans estará presente no V Encontro “Cultura y Ciudadanía”, que se celebra ao longo desta semana no Centro de Creación Contemporánea Matadero e outros espazos en Madrid. Este encontro é un dos eventos de reflexión e debate cultural máis prestixiosos de España, e nesta edición xira arredor do concepto de espazo público e da súa construción e apropiación –individual e colectiva– a través da cultura e das súas prácticas.
Entre as iniciativas participantes, o Festival de Cans é o único festival galego de cine, música ou artes escénicas que foi convidado a este encontro e estará representado en Madrid polo seu director, Alfonso Pato. A súa intervención terá lugar o xoves 24 de outubro ás 17:30 horas no Auditorio Casa del Lector de Madrid, nunha mesa sobre “Espazo público e participación cultural democrática”, na que fará unha exposición do proxecto do festival en relación ás temáticas centrais desta edición.
O encontro “Cultura y Ciudadanía” é un programa impulsado polo Ministerio de Cultura e Deporte, que contará coa presenza do ministro José Guirao. A través deste programa analízanse procesos de vertebración e dinamización do territorio, o impacto dos eventos no desenvolvemento económico e os diferentes procesos de construción e transformación da sociedade contemporánea. O Ministerio de Cultura trasladou o seu convite ao Festival de Cans, ao considerar que achega, no ámbito dos certames cinematográficos, “novos modelos de xestión, unha metodoloxía de traballo específica e busca a innovación social”.
A presenza e representación do Festival de Cans neste Encontro “Cultura y Ciudadanía” do Ministerio de Cultura e Deporte, supón un importante recoñecemento para o traballo que leva realizado o certame no ámbito da acción cultural no medio rural, do traballo de co-participación arredor do cinema coas veciñas e veciños de Cans e no obxectivo de provocar reflexións sobre o territorio, que destaca no traballo continuo que desenvolve coa Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (ETSAC) coordinado polo arquitecto Juan Creus. A este convite do Ministerio súmase a incorporación do Festival de Cans neste mes de setembro á súa “Cartografía de Cultura y Ruralidad”, un proxecto para catalogar os eventos culturais máis relevantes de todo o Estado que se celebren en contornos rurais.
El cineasta gallego comparte este galardón 'ex aequio' con la directora alemana Mascha Shilinzki por su filme 'Sound of Falling'
"Romería", el film de Carla Simón rodado en emplazamientos de Vigo, deja huella en su estreno en el Festival de Cannes
Vigo tendrá como gran colofón este mes el estreno de un festival con una potente programación con visionado y coloquios de estas series
Con esta iniciativa las bandas de música y artistas de Vigo podrán ser escogidas para grabar su propia música y promocionarse
O prazo de inscrición para este título xa está aberto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL