• Propuesta gastro Nigrán
  • Conciertos Vigo
  • Festival Azul
  • Mercadillo Vigo
  • Festa da Coca
  • Festa da Rosa
  • Desafío Verdugo
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

O Festival de Cans anuncia a primeira retrospectiva internacional da súa historia

O Festival de Cans anuncia a primeira retrospectiva internacional da súa historia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
18/04/2019

O realizador alemán Hannes Stöhr asistirá ao Festival de Cans, que se celebra do 22 ao 25 de maio, para protagonizar a primeira retrospectiva internacional da historia do certame. A súa presenza subliña a liña de internacionalización que centra esta edición, unha nova vía na que visibilizar o traballo de directoras e directores ligados a Galicia procedentes doutros lugares do mundo, sen deixar nunca de lado ás creadoras e creadores do país, protagonistas das seccións competitivas e parte fundamental do Festival de Cans.

A panorámica dedicada ao director Hannes Stöhr (Stuttgart, 1970) achegará a Cans as catro longametraxes que compoñen a súa filmografía ata a data. Formado na Deutsche Film- und Fernsehakademie de Berlín, Stöhr viaxou por todo o mundo para aprender idiomas. Unha das súas paradas foi Santiago de Compostela, onde conectou a principios dos anos noventa coa escena que tiña como epicentro a desaparecida Sala Nasa. Alí establecería amizades con actores e actrices como Miguel de Lira, Luis Tosar e Blanca Cendán (que máis tarde formarían parte do elenco na película Galatasaray-Dépor) e directores como Jorge Coira.

Másnoticias

Desvelada la explosión de conciertos que llegará con el festival más gastronómico de Vigo

Desvelada la explosión de conciertos que llegará con el festival más gastronómico de Vigo

04/06/2026
O Porriño se vuelve viral tras enamorar a un popular influencer, "de los lugares más bonitos de España"

O Porriño se vuelve viral tras enamorar a un popular influencer, "de los lugares más bonitos de España"

04/06/2026

Logo do seu regreso a Alemaña comezou unha interesante carreira como cineasta. En 2001 estreou na Berlinale a súa primeira película, Berlin is in Germany, obtendo entre outros o Premio Panorama do Público, un filme que transcorre nun Berlín reunificado trala caída do muro. A súa estadía en Galicia foi determinante para realizar o seu seguinte filme One Day in Europe (2005), traducido aquí como Galatasaray-Dépor, unha película que tamén se estreou no Festival de Cine de Berlín e que está formanda por catro historias que suceden en catro países diferentes no día dunha hipotética final da Champions entre o Galatasaray de Estambul e o Deportivo da Coruña. En 2008 dirixiu Berlin Calling, unha película que se centra na vida de excesos e festas do DJ Martin Karow, interpretado polo músico Paul Kalkbrenner, que compuxo tamén a banda sonora do filme. Foi estreada na Piazza Grande dentro do Festival de Locarno. O seu filme máis recente, Global Player (2013), que non chegou a estrearse nas salas de cine españolas e terá en Cans a súa estrea en Galicia, fálanos da influencia da globalización nunha pequena empresa familiar do textil do sur de Alemaña.

As súas películas, que se poderán ver na Sala Ingrávida do Porriño nos días previos ao certame e durante o propio Festival de Cans, están moi marcadas pola temática social, con doses intelixentes de comedia e uns personaxes que se definen polo pouso underground e a influencia inevitable do cosmopolitismo de Berlín, cidade que aparece nos seus filmes coma un personaxe máis.

https://www.youtube.com/watch?v=gD96ccLTBAI

Encontros e reencontros

Nesta primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans contará coa presenza de Hannes Stöhr, na actualidade exerce tamén de profesor de dirección e guión na Universidade de Stuttgart, para para participar en encontros co público e en reencontros con algúns dos seus colaboradores galegos. Deste xeito, participará no Café con CREA desta edición, onde debullarán sobre o oficio de dirixir cinema acompañado pola directora Ángeles Huerta, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización, e polo realizador Jorge Coira, amigo e colega de profesión. Este encontro terá lugar no Baixo de Moncho o venres 23 de maio, e as persoas asistentes serán convidadas a un café pola nova marca colaboradora do festival, Cafés Dromedario.

A participación de Stöhr no Festival completarase coa presentación de Global Player, o seu filme máis recente, e tamén haberá oco para coñecer un adianto do guión da súa vindeira longametraxe, na que retomará a conexión Galicia-Alemaña a través duns vínculos que coñeceremos en Cans.

Entradas anticipadas

A venda de entradas anticipadas a través da tenda online do evento (premer aquí) continuará ata o 28 de abril. Ese día rematará o prazo para facerse cos packs de entrada anticipada, camiseta, programa de man e chapa por 21,50 euros (prezo con desconto).

Arredor da metade dos 450 packs de camiseta e entrada para as seccións de ficción e animación do Festival de Cans están xa vendidos, cos da sesión matinal, para a que había 150 dispoñibles, a piques de esgotarse.

Nesta nova edición a organización do Festival de Cans decidiu reformular os horarios de tarde para as seccións a concurso de ficción e animación, que terán lugar entre as 16:30 e as 20:30. Desta forma, todas as proxeccións concentraranse antes do concerto de tarde no Torreiro, co obxectivo de que o público quede libre despois e poida asistir a outras actividades do festival.

Temas: A LouriñaCineFestival de CansFestival de Cans 2019festivalesfestivales de cinefestivales de cine en GaliciaO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas
Enfoque

Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas

El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor

PorIván Dacal
02/05/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X