• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

Tamar Novas e Celso Bugallo, de "Mar adentro" a coincidir de novo no Festival de Cans

Tamar Novas e Celso Bugallo, de "Mar adentro" a coincidir de novo no Festival de Cans
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
30/07/2021

A asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, decidiu otorgar os seus chimpíns de prata honoríficos desta edición á veciña de Cans e acordeonista Marisol González e ao actor Tamar Novas. Estes chimpíns, que levan os nomes dos lembrados veciños Divina Campos e Pepe Puime, concédense a persoas que destaquen na súa aportación na celebración do festival ou pola promoción e difusión do mesmo.

Marisol González, que comezara a tocar o acordeón nos anos oitenta na formación familiar “Os Catro Ventos”, recuperou hai poucos anos a práctica deste instrumento, para converterse nun referente na aldea, unha das almas do tradicional roteiro sonoro e mesmo compositora, co profesor Alex Balbuena, de dous temas que xa son un himno na aldea como “A Felisiña” ou o “Acuque de Cans”. O nome de Marisol González sumarase este ano ó de outros veciños xa homenaxeados no coñecido `Muro dos chimpíns´.

Másnoticias

O Porriño pone fecha a su mercado más sostenible, el "FLI-PO" vuelve con 45 puestos, comida y música

Vuelve el Fli-Po, el mercado más sostenible de O Porriño con música, talleres y food trucks

04/06/2026
O Porriño se vuelve viral tras enamorar a un popular influencer, "de los lugares más bonitos de España"

O Porriño se vuelve viral tras enamorar a un popular influencer, "de los lugares más bonitos de España"

04/06/2026

Pola súa banda, o actor Tamar Novas, é un asiduo do Festival de Cans desde as súas primeiras edicións. Malia súa xuventude, Novas ten participado en máis dunha dunha ducia de filmes e numerosas curtametraxes, algunhas das cales pasaron polo Festival de Cans. Tamar Novas ten destacado por xogar un imprescindible papel de apoio ó festival no sector cinematográfico e no seu impulso constante nas redes sociais, onde cada ano visibiliza o seu apoio incondicional ó Festival de Cans.

Presentación das memorias de Celso Bugallo

Tamar Novas será ademais o encargado de manter un coloquio co veterano actor Celso Bugallo, que presentará no Festival de Cans as súas memorias, impulsadas pola Fundación AISGE, entidade que protexe os dereitos de actrices e actores. Ambos intérpretes coñecéronse en 2004 no filme “Mar Adentro” de Alejandro Amenábar, que lles valeu senllos Goya, e o Festival promoverá este diálogo interxeneracional.

Bugallo, un dos actores máis prestixiosos de España. Ademáis do Goya por mellor actor de reparto por “Mar Adentro”, en 2005 foi galardonado co Premio Pedigree de Honor en Cans, e ten unha dilatada carreira con máis de 25 películas. Agora mesmo, ten pendente de estrea “El buen patrón”, a última película de Fernando León, onde comparte reparto con Javier Bardem.

Ademáis da presenza de Tamar Novas e Celso Bugallo, numerosas actrices, actores e profesionais relacionados cos intérpretes, pasarán por estes coloquios AISGE, que terán lugar entre o mércores 1 de setembro e o venres 3 de setembro, ás 11,00 horas no popular Baixo de Carlos. Outro dos coloquios estará centrado na relación entre lingüistas e intérpretes á hora de afrontar un texto dun filme ou das diversas series de televisión. Neste coloquio estarán presentes o actor Federico Pérez, as actrices Camila Bossa e Isabel Blanco e a lingüista Rosa Moledo, responsable lingüística de numerosos filmes ou de series tan coñecidas, con singulares xeitos de falar, como “Fariña” ou “Mareas Vivas”.

Finalmente, a actriz Sabela Hermida e o profesor e escritor José Luis Castro de Paz, manterán un coloquio arredor da figura de María Casares, a actriz máis internacional nacida en Galicia, con motivo do 25 aniversario do seu falecemento, e como antesala do seu centenario que o Festival de Cans está a preparar con numerosas actividades previstas na edición de 2022.

Para acceder a calquera destes coloquios, e debido ó protocolo Covid, é preciso realizar unha inscripción previa gratuita en tenda.festivaldecans.com, pero o aforo estará limitado a só 35 persoas.

Últimos packs de oferta de entradas á venda

Por outra banda, os packs de venda de entradas con desconto que o festival promoveu hai uns días, están a piques de agotarse na sesión de tarde para as curtametraxes a concurso de ficción e animación. Con este desconto restan só 10 entradas de tarde e menos de 25 de mañá. O prezo actual de entrada, camiseta, catálogo e chapa de edición limitada é de 21,50 euros, e a partir do vindeiro domingo pasará a ser de 27 euros.

Para moitas das proxecións, como as de “Beiras, Vivir 2 veces”, de Jorge Coira, Gaspar Broullón e Pepe Coira, ou “Donde habita la memoria”, o documental de Pablo Romero-Fresco con Ian Gibson de protagonista, están tamén a piques de despachar as últimas entradas e quedan en ambos casos menos de dez entradas disponibles.

Temas: A LouriñaFestival de Cansfestivales de cinefestivales de cine en GaliciaO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas
Enfoque

Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas

El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor

PorIván Dacal
02/05/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X