Tanxugueiras avanza un paso máis cara Turín. A canción "Terra" do grupo galego foi unha das 14 escollidas por RTVE entre 886 propostas para participar no Benidorm Fest 2022, festival do que sairá o represente español da 66ª edición de Eurovisión. "Fainos moitísima ilusión" celebrarán este venres as Tanxugueiras nun vídeo no que avanzaban que o tema co que competirán será "un tema de esencia Tanxugueiras".
No mes de novembro o grupo formado por Aida Tarrío, Olaia Maneira e Sabela Maneiro anunciaban que habían presentado un tema en galego para Eurovisión tras ser as favoritas dos Eurofans con canción "Figa". A proposta das galegas para o festival chámase "Terra" e é un tema "en galego, con pandeiretas e coa nosa sonoridade", explicaban.
Hoxe, a través do Twitter de La 1 de RTVE, coñecíase o cartel do Benidorm Fest 2022 que se celebrará a finais de xaneiro de 2022. Nel participarán 14 artistas, entre as que se atopan as Tanxugueiras que aspiran a facer historia levando un tema en galego ao festival europeo da canción.
🙌Artistas como Azúcar Moreno o Marta Sango forman parte de nuestro cartel del #BenidormFest
¿Quieres conocer al resto de candidatos a representar a España en @eurovision_tve? 🎤https://t.co/DPaJbbxFih
— La 1 (@La1_tve) December 10, 2021
Por agora, non se sabe moito das cancións dos seleccionados que competirán nas semifinais e para poder escoitalas haberá que esperar ate o xoves 23 decemebro, cando RTVE fará unha presentación oficial dos artistas. Os 13 compañeiros e rivais das cantantes galegas que pisarán o escenario do Benidorm Fest son Azúcar Moreno, Blanca Paloma, Chanel, Gonzalo Hermida, Javiera Mena, Luna Ki, Marta Sango, Rayden, Rigoberta Bandini, Sara Deop, Unique, Varry Brava e Xeinn.
O funcionamiento da gala en Benidorm, será o seguinte: os cantantes participarán en grupos nas duas semifinais do festival alicantino. Os catro máis votados polo xurado profesional - 60% expertos nacionais e 40% internacionais - e polo público - 50% televoto e 50% xurado demoscópico - pasarán a gran final. O gañador da final do Benidorm Fest 2022 representará a España no certamen europeo que terá lugar en Turín (Italia) os días 10, 12 e 14 de maio de 2022.
En canto a Tanxugueiras, a organización destaca que "representan a mujeres fuertes, valientes y empoderadas a través de sus música folclórica gallega. Cantareiras de una nueva década, son exponentes de una generación abierta a la evolución cantes y sonidos tradicionales de su región. Han publicado cuatro singles en 2021 y han pasado por más 100 escenarios del mundo acompañadas por sus panderetas".
🥳🥳 🥳 Imos ao #BenidormFest! Moitísimas grazas polo apoio e todo o voso cariño❣️❣️
Temos moitas ganas de que escoitedes #Terra! 🌱💓@eurovision_tve#Eurovisión #Eurovision2022 #Eurovision pic.twitter.com/ve4kNMj14C— T A N X U G U E I R A S (@tanxugueiras) December 10, 2021
A emoción dos galegos por ter unha posibilidade de que unha canción en galego represente a España en Eurovisión xa se empeza a notar nas redes sociais, nas que as cantantes están recibindo moitas mensaxes de apoio, de ánimo e de orgullo, entre elas o agradecemento "por asumir o reto" do Presidente galego Alberto Núñez Feijóo vía Twitter.
Sabela, Olaia e Aida: grazas por asumir o reto de competir por representar a España en @Eurovision coa música e a lingua de Galicia.
A vosa forza e o cariño que tedes pola tradición galega cautivará ao #BenidormFest.@Tanxugueiras, a por todas! A vosa "Terra" está convosco https://t.co/6QlLwMrast
— Alberto Núñez Feijóo (@NunezFeijoo) December 10, 2021
La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
Trátase da primeira publicación que incorpora fotografías das diferentes especies
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL