• Propuesta gastro Nigrán
  • Conciertos Vigo
  • Festival Azul
  • Mercadillo Vigo
  • Festa da Coca
  • Festa da Rosa
  • Desafío Verdugo
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

Todo o que podes facer no Culturgal 2018

Todo o que podes facer no Culturgal 2018
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
28/11/2018

Culturgal é o lugar para presumir da cultura galega. É unha feira na que un pode atopar música, literatura, arte, actividades para a cativada e un amplo programa de máis de 120 propostas que en Metropolitano.gal queremos resumir segundo o que máis desexes.

A feira cultural galega por excelencia terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Ademais das actividades, os asistentes poderán coñecer de primeira man as propostas de 80 empresas e entidades no seus stands.

Másnoticias

Culturgal, a "casa común" da cultura galega, abre as súas portas en Pontevedra

Culturgal, a "casa común" da cultura galega, abre as súas portas en Pontevedra

02/12/2023
La Diputación aprueba 23 ayudas para "financiar contrataciones e invertir en concellos"

El Culturgal sale por primera vez de Pontevedra y se expande a Vigo con dos días de actividades

21/11/2023

Por outra banda, antes de detallar cada unha das partes do Cultural, queremos lembrar que unha das novidades desta edición é achegarse en autobús dende Ourense, Lugo, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela ou o cambio de modelo gastronómico na Feira con máis variedade, local e ecolóxica.

Carpa chea de música

A banda sonora de Culturgal 2018 recolle estilos moi diferentes e, o que é moi relevante para a Feira, varias presentacións de traballos discográficos. Entre os lanzamentos máis destacados estarán os de Barahúnda, Pablo Castaño Quartet, Mielitza, NAO, Factoría de Subsistencia, Pablo Sanmamed, Vudú ou Brais Morán, que presentarán os seus novos traballos en formato showcase.

Haberá moita calidade nas propostas musicais do Culturgal 2018 e, sobre todo, moi diverso. Canción de autor, jazz, folk, rock-metal, tradición, poesía musical e até os novísimos valores do concurso "Quero cantar", promovido pola Deputación da Coruña, encherán a carpa dos sons da Feira.

Un encontro coa nosa literatura

O libro é protagonista en Culturgal e nesta décimo primeira edición a Feira encherase de escritoras, escritores, premios, sinaturas, conversas, editores, librarías ou libros artísticos. As propostas ofrecen ao pública unha ampla visión do libro feito en Galicia e permiten un contacto directo con autoras e autores.

Manuel Rivas, Ledicia Costas, Pedro Feijoo, Eli Ríos, María Reimóndez, Xose Duncan, Francisco Castro, Yolanda Castaño, Manuel Esteban ou Iolanda Zúñiga pasarán por Culturgal para presentarlle ao público as súas últimas obras. Serán días de lanzamento dos premios do ano: os Xerais con Emma Pedreira, Héctor Cajaraville e Carlos Negro, o Repsol con Antón Lopo e o García Barros con Ana Cabaleiro, os premios Torrente Ballester e Raiña Lupa promovidos pola Deputación da Coruña, os premios Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade e Meiga Moira, con Baia Edicións ou o I Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil promovido por Urco.

Da man da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación, os procesos de tradución terán eco no Culturgal e ademais, con entrega do Premio Xela Arias a María Alonso Seisdedos. Kalandraka, pola súa parte, proporá un coloquio con tradutores ao redor da súa colección Narrativa K, e Urco Editora, ao redor da tradución de "A cámara do sangue" de Ángela Carter. A dramaturxia impresa tamén ten espazo no programa do libro coas presentacións dos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María, por parte da Agadic.

A Feira tampouco esquece a produción en arte contemporánea, onde este ano destaca a presentación do magnífico Lugares de Vari Caramés (Fabulatorio) nin da poesía coa acción poética de Lucía Aldao e Apiario ou a presentación da colección de Tulipa Editorial nin dos traballos ensaísticos, como os que presentarán o venres 30 ao redor de políticas e xestión cultural en Galicia, a posta en marcha da Biblioteca Feminista de Galaxia ou da colección de pensamento Alicerces de Através Editora.

Desde fóra de Galicia, Culturgal contará coa presentación dos poemas galegos de Luis García Montero o sábado 1, así como co autor portugués Helder Gomes Cancela, vencedor do Grande Prémio de Romance e Novela da Associaçao Portuguesa de Escritores/Direçao-Geral do Livro, Arquivos e Bibliotecas con As Pessoas do Drama. Así mesmo, o Premio Nortear volverá a dar protagonismo aos novos escritores de ambas beiras do Miño coa Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta.

Os eventos especiais do Culturgal 2018

Carlos Núñez será o protagonista da noite do sábado 1 de decembro na Feira. Na véspera, o venres 30 de novembro será a velada de artes escénicas con Inversa Teatro e a obra "Sofía e as Postsocráticas" e para o domingo 2 de decembro hai dúas propostas seleccionadas para público familiar: OVIRAVAI (12:00) e Xoán Curiel (18:00). O escenario será o Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra e cunha entrada aparte da xeral da Feira. Estas localidades están dispoñibles na plataforma de Ticketea.

Javier Salas / Turismo de Vigo

Unha cita para os máis pequenos

A rapazada é público protagonista na Feira, asistiendo a estreas e gozando das novidades. O programa reservar grandes sorpresas para eles. Haberá moita música, teatro, adanza, libros, arte e tamén ciencia, co programa que o CSIC-Galicia ten preparado para as mañás do venres 30 de novembro e sábado 1 de decembro. Ademais, espazo gastro para almorzar ou merendar, co mesmo horario da Feira e visitas teatralizadas con Barafunda Animación o venres 30 pola mañá. Os centros escolares interesados poden solicitalas escribindo ao mail [email protected]. As prazas son limitadas.

Onde mercar as entradas para o Culturgal?

As localidades para a Feira teñen un coste e 3 euros para os adultos e 3 para o público infantil. A organización oferta dous packs familiares (2 adultos + 3 infantil por 10 euros e 2 adultos + 4 infantil por 11 euros) e unha entrada para grupos -cun mínimo de 10 persoas- no que a entrada tería un prezo de 2 euros por persoa. As entradas están dispoñibles na web oficial do Culturgal (premer aquí).

O Culturgal ofrece a posibilidade a aqueles lugares máis afastados de Pontevedra acudir sen problemas ao evento. A organización porá buses en cinco puntos de saída e retorno en cinco cidades galegas. En Ferrol, A Coruña, Santiago Lugo e Ourense haberá un pack de viaxe máis entrada á Feira. As saídas serán o sábado 1 de decembro ás 10:00 horas e regreso ao peche da xornada. As prazas son limitadas. Este pack, que é só para o sábado, telen un custe de 14 euros en Ferrol, A Coruña, Lugo e Ourense e de 12 euros para os que procedan de Santiago de Compostela.

Temas: Culturgal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas
Enfoque

Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas

El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor

PorIván Dacal
02/05/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X