Vigo coñécese a través dos libros. A literatura permite descubrir diferentes emprazamentos e as historias da cidade máis importante de Galicia. O Concello acaba de publicar tres novas publicación dentro da serie “Historias para coñecermos Vigo”. Os libros, escritos por grandes escritoras como Fina Casalderrey, María Reimóndez e María Xosé Porteiro, contan, ademais de fotografías, cun mapa para aqueles que xa queiran facer un roteiro por estas obras que nos permitirán saber máis sobre Oia, Canido, Saiáns, Coia, As travesas, Candeán e Cabral.
A presentación tivo lugar o pasado xoves. As autoras e o editor, Javier Romero, estiveron acompañados na rolda de prensa coa concelleira de Normalización Lingüística, Uxía Blanco, para falar destes tres novos libros da serie “Historia para coñecermos Vigo”: “Caderno de bitácora” (ambientada en Oia, Canido e Saiáns), de Fina Casalderrey; “Buscando a Clara” (Candeán, Cabral e A Madroa), de María Xosé Porteiro; e “Unha xigante ira colectiva” (Coia e As Travesas), por María Reimóndez.
Este proxecto da voz á cidade como personaxe principal, con novelas escritas dende Vigo e para Vigo. A colección pretender dar a coñecer o entorno e o seu medio, a toponimia e a lingua, con narracións que xiran ao redor da historia, da arte e da literatura, do urbanismo, a industria e do medio natural, cunha perspectiva actual e tamén retrospectiva, facendo posible coñecer os pasos dados pola cidade ata converterse no Vigo de hoxe.
Estas tres publicacións súmanse ás oito xa editadas: “Os consellos de Carlos Calvo” (Casco Vello), de Manuel Sánchez Gálvez; “Sombras no Ensanche” (Ensanche), de Clara do Roxo; “Neve detrás do cristal” (Bouzas), de Ledicia Costas; “Poboadores do Atlántico” (Cíes), de Amadeo Cobas; “Entre os dous hai un río” (O Calvario e Lavadores), de Maria Lado; “Barricadas de sal” (Teis), de Francisco Castro; “Tizita e Sabela na procura” (Parques do Castro e Castrelos), de Marga do Val; e “A voz das nereidas” (praias), de Santiago Lopo.
Coa base destes textos, o Concello de Vigo realiza percorridos pola cidade guiados polos propios autores, como parte do programa municipal “Vigo literario”. O éxito de público asistente é continuado en rutas como a de Teis ou a das praias, que tivo que ser repetida. Ademais, tamén se celebraron outros roteiros en lugares como Cíes, Ensanche ou Lavadores.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL