"Tempo transfigurado: o canto das sereas" é o novo poemario de Cesáreo Sánchez Iglesias, publicado na colección Tambo do selo Faktoría K de Libros, de Kalandraka. Presentarase o vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 20:00 horas na libraría Cartabón (Urzáiz, 125) de Vigo nun recital aberto ao público no que o autor estará acompañado pola escritora Ledicia Costas e polo director de Tambo, Luís Rei Núñez.
Con esta obra, Cesáreo Sánchez Iglesias emprende unha viaxe arredor da música: os 70 poemas deste libro están inspirados nas melodías doutros tantos compositores de moi diversas cronoloxías e estilos, dende Schubert e Vivaldi ata Bob Dylan e Patti Smith, pasando por Marcial del Adalid e Andrés Gaos. Os instrumentos, comezando pola propia voz, os temas tratados -que conforman a banda sonora da humanidade- e mesmo as biografías dos creadores, están presentes nestes versos.
Paralelamente, o poeta evoca a pegada das persoas amadas e que tamén o amaron, facendo de "Tempo transfigurado" un crisol de sentimentos e de sensacións pasadas. Trátase dun camiño interior lírico no que o autor aborda a soidade, a introspección e a aceptación das orfandades emocionais.
Activista cultural de ampla traxectoria, fundando e encabezando colectivos comprometidos con Galicia, Cesáreo Sánchez Iglesias foi director de edicións de A Nosa Terra e actualmente preside a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Estreouse como poeta en 1978 coa obra “Silencios e conversas de inverno”. Dende entón, ao longo das últimas catro décadas, vén cultivando este xénero literario, no que publicou títulos tan sobranceiros como “Ortigas da memoria” (1985), “O rostro da terra” (1996), “O rumor do distante” (2001, Premio Esquío), ou “Caderno do Nilo” (2013, Premio Losada Diéguez).
"Tempo transfigurado" é o décimo volume de Tambo, que tamén acolle os poemarios dos galegos Manuel Álvarez Torneiro -Premio Nacional de Poesía 2013-, Xavier Seoane, Martín Veiga, Luis Rei Núñez e Lucía Novas, xunto coa obra do catalán Antoni Marí e do vasco Joseba Sarrionandia, entre outros autores.
La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL