Alertas
jueves, 9 de febrero 2023
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Vigo segue formando escritores coa apertura dunha nova edición da Escola de Letras

Vigo segue formando escritores coa apertura dunha nova edición da Escola de Letras
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
17/01/2022

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, a primeira posta en marcha en Galicia e unha das escasas que existen a nivel estatal, comezará a escribir a súa terceira edición a partir do vindeiro 8 de febreiro. Neste 2022 serán de novo seis obradoiros (tres en Vigo e tres en Pontevedra), cun total de 90 prazas e cun claustro formado por tres autoras, Inma López Silva, Elvira Ribeiro e Anna Figueiredo, e dous autores, Diego Giráldez e Antonio García Teijeiro, baixo a dirección de Francisco Castro. A presidenta Carmela Silva participou na sede provincial en Vigo na presentación das novidades desta terceira edición xunto ao director e ao escritor García Teijeiro, e subliñou que este proxecto estrela “xa pode falar dunha historia de éxito” pois a pesar de ter nacido nun escenario de pandemia, foi quen de “poñer en valor a literatura, as letras, as persoas que se dedican a ela, os lectores e lectoras e os escritores e escritoras que van nacer da Escola”. De feito, nas dúas anteriores edicións foron 355 os e as participantes nos 12 obradoiros desenvolvidos e nas 4 máster class.

Carmela Silva asegurou que a Escola de Letras “foi unha das mellores ideas que puxemos en marcha” recollendo a proposta de Galaxia, para o que tamén aludiu a unha recente declaración do ministro francés de Economía, Bruno de Maire, “que subliñou que a literatura é unha arma de liberdade”.

Másnoticias

El temporal provoca “graves inundaciones” en Gondomar, que han afectado a unos 100 coches

La Diputación urge a la Xunta que declare zona de emergencia los lugares afectados por inundaciones

31/01/2023
El Castillo de Soutomaior, un espectáculo de la naturaleza

Arranca una nueva temporada de las visitas a las camelias del Castillo de Soutomaior

24/01/2023

O director de Galaxia e da Escola, Francisco Castro, que destacou que esta iniciativa existe “porque un día decidimos conxugar o verbo amar” e pola “complicidade” da presidenta e da Deputación, avanzou as novidades desta terceira edición, que este ano se desenvolverá entre os meses de febreiro e novembro. Arrancará o 8 de febreiro co primeiro dos obradoiros de Inma López Silva en Vigo, e amais dos seus obradoiros programados, incluirá de novo máster class con autores e autoras de prestixio, abertas á cidadanía e que se espera que este ano sexan tamén presenciais. No caso dos cursos, será novidade o que ofrecerá Anna Figueiredo, titulado “Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas”, que responde a unha demanda do alumnado e que “será máis aberto, para falar de cuestións como tratar cunha editorial ou os premios literarios”.

Ademais, anunciou a publicación do segundo volume con textos dos e das participantes da II edición da Escola, “Tes cinco minutos #2”, co gallo do Día do Libro, e avanzou que tamén neste 2022 se editará a primeira obra, de corte fantástica, dunha alumna da Escola de Letras. “O libro dos textos do alumnado non é un libro institucional, é un libro que se pode comprar en todas as librerías de Galicia e en liña, o que é un estímulo brutal para eles e elas como autores e autoras”, indicou Castro.

Outra das novidades estará no sistema de inscrición que se abrirá para cada un dos cursos (todos eles de 15 prazas) un mes antes do inicio. Deste xeito, a partir de mañá martes 18, ás 8:00 horas, abrirase o prazo para asistir aos dous primeiros cursos, de Inma López Silva, que se desenvolverán entre febreiro e abril. As persoas interesadas deberán inscribirse en escoladeletras@editorialgalaxia.gal.

Programación

Os obradoiros literarios deste 2022 arrancarán cos que ofrecerá Inma López Silva en Vigo (8, 15 e 22 de febreiro; 8, 15, 22 de marzo e 5 e 19 de abril) e Pontevedra (10, 17 e 24 de febreiro; 3, 10, 17, 24 e 31 de marzo), e continuarán co de poesía de García Teijeiro en Vigo os días 26 e 27 de abril. Retomaranse en setembro, cando iniciarán os seus obradoiros Anna Figueiredo en Pontevedra (19 e 26 dese mes; 3, 10, 17 e 24 de outubro e 7 e 14 de novembro) e Diego Giráldez en Vigo (13, 20 e 27 de setembro; 4 e 11 de outubro). En outubro arrancará o obradoiro de poesía que impartirá Elvira Ribeiro, en Pontevedra (18 e 25 dese mes). Todos serán de 18:00 a 20:00 horas agás o de Anna Figueiredo, de 19:00 a 21:00 horas.

Temas: Deputación de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

febrero de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Más noticias

Ledicia Costas recoge en Vigo su galardón como ganadora del XX Premio de Poesía Afundación
Gafapasta

Ledicia Costas recoge en Vigo su galardón como ganadora del XX Premio de Poesía Afundación

...

PorMetropolitano
08/02/2023
Cans convierte a O Porriño en la capital del cine en España con el estreno de “Rapa” este jueves
Gafapasta

‘Rapa’ e ‘O Corpo Aberto’, as grandes favoritas dos XXI Premios Mestre Mateo

...

PorEuropa Press
07/02/2023
The Skarnivals inicia la gira de su nuevo disco llenando la Sala Aturuxo de Bueu
Gafapasta

The Skarnivals inicia la gira de su nuevo disco llenando la Sala Aturuxo de Bueu

...

PorMetropolitano
04/02/2023
Galaxia publicará en setembro “Síbaris”, o libro inédito de Domingo Villar
Gafapasta

Galaxia publicará en setembro “Síbaris”, o libro inédito de Domingo Villar

...

PorMetropolitano
03/02/2023
Alumnado e académicas da UVigo fornecen a colección ‘Feminismos’ de Galaxia con seis novos volumes
Enfoque

Alumnado e académicas da UVigo fornecen a colección ‘Feminismos’ de Galaxia con seis novos volumes

PorMetropolitano
08/02/2023

Machismo dixital, feminismo na arte ou diversidade sexual, entre os títulos dos seis novos volumes da colección Feminismos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

febrero de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X