Os concertos de Castrelos e Porta do Sol do verán xa pertencen ao pasado. Tamén O Marisquiño ou ese ciclo de actuacións en Villa Solita. Soamente queda o recital de Mi Capitán, unha actuación que porá o desenlace da aposta municipal pola música na terraza do Auditorio Mar de Vigo. Sen embargo, a cultura segue. Vigocultura volve tras as vacacións estivais. Espertou como o espectáculo de rúa “Sonámbulo”, que representou o actor Antón Coucheiro ás 10:30 horas diante do museo Marco como petisco da programación que minutos despois detallaría o concelleiro Abel Losada tras unha guerra de almofadas.
Vigocultura está composto por un total de 24 espectáculos que ofrecerán 19 compañías distintas. O obxectivo, tal e como remarcou o concelleiro de Cultura, “é achegar a cultura á xuventude”. A programación é transversal. Hai de todo e para todos os públicos. O “menú” comeza a última fin de semana de setembro con dous espectáculos de animación de rúa. “Espera”, que terá lugar o venres 27 ás 19:00 horas; e “Sonámbulo”, que representarase o día seguinte ás 19:00 horas e do que xa vimos un adianto hoxe. Ambos serán diante do Museo Marco. O espazo cultural e a rúa Príncipe serán o escenario da estrea da programación dun Vigocultura que volverá a desenrolarse na súa maior parte no Auditorio Municipal de Vigo.
Teatro, circo, danza, poesía, maxia e música encherán cada fin da semana dos meses de outubro e novembro este espazo cultural situado en Praza do Rei. Propostas recoñecidas como “El viaje de Ulises” (4 de outubro ás 21:00 horas), “Só” (domingo 6 de outubro ás 18:00 horas), “Despois das ondas” (11 de outubro ás 21:00 horas), “Shakespeare en Berlín” (25 de outubro ás 21:00), “Invisibles” (22 de novembro ás 21:00) ou “Debajo del tejado” (domingo 24 ás 18:00) son algúns dos principais reclamos desta nova edición de Vigocultura.
Os espectáculos que teñan lugar no Auditorio Municipal serán de pago. As entradas poderán adquirirse de forma anticipada a través da web de Ticketea, do teléfono 902 04 42 26, en Discos Elepé ou o mesmo día da representación a partir dunha hora antes do comezo do evento no despacho de billetes do auditorio vigués. Co obxectivo de fomentar a asistencia da mocidade, o público entre 12 e 18 anos poderá beneficiarse dun desconto do 50% no prezo das entradas adquiríndoas anticipadamente a través de Internet co código de descento “OTEATROMOLA”. Ademais, o Concello pon a disposición un abono á carta 5 e outro abono á carta 10 co que poderás elixir, respectivamente, cinco ou dez espectáculos e gozar dun 25% de desconto sobre o prezo total.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
¿Puede la actividad física en entornos forestales ayudar a regular el sistema nerviosos autónomo y tener efectos en estados de estrés?
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL