O xurado dos Premios da Cultura Galega 2023 fixo pública este luns a relación de galardoados con estas distincións este ano, após unha reunión que estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. Así, os recoñecidos foron: Yolanda Castaño, na categoría de Letras: o Museo de Gravado á Estampa Dixital, na categoría de Artes Visuais; PistaCatro, na categoría de Artes Escénicas; a banda de música Unión de Guláns, na categoría de Música; Portocabo, na categoría Audiovisual; Ponte ...nas Ondas!, na categoría de Lingua; Eduardo Pardo de Guevara, na categoría de Patrimonio Cultural; e os cursos de verán 'Galego sen Fronteiras', na categoría de Proxección Exterior.
Ademais da presenza do conselleiro, o xurado estivo formado polo director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; e profesionais de recoñecido prestixio como Fina Casalderrey (en representación da Real Academia Galega); Elena Vázquez Cendán (Consello dá Cultura Galega); Esperanza Gigirey (Museo das Peregrinacións); Carla Reyes (Ejectivas de Galicia); Patricia Hermida (Asociación Galgea de Empresas Musicais) e Estíbaliz Veiga (actriz, pedagoga teatral e guionista).
Con estes galardóns, a Xunta recoñece cada ano a "excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural" de Galicia, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que "enriquecen a realidade e a identidade cultural" da Comunidade.
La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL