• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA General

A cultura volve á UVigo: coñece a súa programación, coa Miteu e o Festival Sonora como atractivos

A cultura volve á UVigo: coñece a súa programación, coa Miteu e o Festival Sonora como atractivos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
19/04/2021

Transcorrido máis dun ano do xurdimento da pandemia da covid-19, a Universidade de Vigo retoma esta semana a súa programación cultural e faino máis comprometida que nunca coas creadoras e creadores locais e convencida de que, nestes momentos tan duros para o sector cultural, as institucións públicas deben dar un paso adiante na promoción e valorización da cultura galega. Baixo o lema Cultura Segura, o teatro e a música volven á UVigo da man de dous dos seus grandes emblemas: a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu, que acada así a a súa XXIII edición, e o Festival Sonora, rebautizado como Sonora 2.1, xa que nesta ocasión o concerto contará cunha única actuación.

“Na Universidade de Vigo sempre se fixo unha aposta por unha programación cultural novidosa e de calidade e nestes intres, nos que o sector o está a pasar tan mal, faremos o posible por reforzar o noso apoio ás creadoras e creadores locais”, explica a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, quen salienta tamén o feito de que todas as actividades se levarán a cabo baixo o lema Cultura Segura, respectando todas as recomendacións que vaian ditando as autoridades sanitarias, de xeito que a comunidade universitaria poida volver a gozar da cultura in situ coa tranquilidade de que son espazos seguros.

Másnoticias

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

21/07/2026
Castrelos convertido en un camping, furor por las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo

Castrelos convertido en un camping, furor por las entradas para el concierto de Chayanne en Vigo

21/07/2026

A edición máis galega da Miteu, con reserva previa

A estrea da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu, será este mesmo xoves, 22 de abril, coa representación de A emperadora, da Aula de Teatro Universitaria de Lugo, ás 18.30 horas no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria. “Nesta ocasión, debido ás actuais restricións á mobilidade, todas as actuacións van estar protagonizadas polas aulas de teatro das universidades galegas”, explica Alfonso Caride, técnico superior de Actividades Culturais, ao que engade que se as circunstancias mellorasen de xeito considerable podería ampliarse a programación con algunha obra do resto do Estado ou de Portugal. “Pese á pandemia, as aulas de teatro mantiveron os seus ensaios, empregando as máscaras e adaptándose á normativa Covid, e a Miteu será o mellor escaparate para amosar o seu traballo”, recalca Caride, quen tamén adianta que dous días antes de cada posta en escena se lles fará unha PCR a todos os actores e actrices.

Como principal novidade e ante a actual situación sanitaria, para acudir ás representacións é necesario reservar a butaca enviando un correo electrónico a extensió[email protected] ou a través do teléfono 986.813.626 ata as 13:00 horas do día da función. A capacidade do Teatro Vidal Bolaño está agora limitada a 49 butacas e, en cada función farase unha listaxe das persoas asistentes que se gardará durante un mes por se fose necesario localizar a alguén.

A obra coa que se vai estrear a Miteu, A Emperadora, de Carmen Conde, recrea a vida nunha aldea do rural profundo de Lugo que se ve alterada pola morte dunha das súas veciñas e o seu velorio, ao que se achegan xentes de toda a comarca para darlle a despedida. “Lonxe de tratarse dunha persoa especialmente querida, veñen atraídos polos rumores de como vai vestida. O velorio será toda unha oportunidade de redescubrir á nai, a través das anécdotas que van escoitando da defunta as fillas... Unha comedida negra baseada en feitos reais que só podería ter acontecido en Galicia”, tal e como se salienta na sinopse.

O programa de actuacións continuará os mércores 28 de abril, 12 e 19 de maio. O 28 de abril farao coa Aula de Teatro Universitaria da USC, que representará a obra A casa da Forza 2, 52-88, unha peza centrada nun traballo dramatúrxico das páxinas 52 a 88 do texto de Angélica Liddell La casa de la fuerza (Ediciones La uÑa RoTa, 2011, Segovia). O 12 de maio será a quenda da Aula de teatro universitaria de Ourense. Maricastaña 2021 que, baixo a dirección de Fernando Dacosta, porá sobre o escenario Aínda que siga brillando a lúa. A clausura da mostra será o mércores 19 de maio cos anfitrións, a Aula de Teatro Universitaria de Vigo, que representará Tic Tac, unha obra de Suso de Toro dirixida por Sonia Rúa e Casilda Alfaro.

Todas as representacións serán ás 18.30 horas no Teatro Vidal Bolaño, con entrada libre ata completar as prazas e con reserva previa. “Por motivos de seguridade covid este ano tampouco imos facer dípticos informativos pero os carteis levan incorporado un código QR do que se pode descargar toda a información desta edición da Miteu”, engade o técnico de actividades culturais.

Sonora 2.1 será o 5 de maio con Laura LaMontagne & Pico Amperio

O regreso da música ao campus será o 5 de maio ás 18.00 horas, tamén no Vidal Bolaño, co Festival Sonora 2.1, unha tarde de música que estará protagonizada por Laura LaMontagne e Pico Amperio, dúo que oscila entre a tradición galego-portuguesa das cantigas de amigo, ritmos electrónicos e ambientes íntimos. Neste caso o espectáculo formúlase a modo de concerto hip hop, cun DJ Set e espazo para a intérprete. Será unha actuación na que se mesturarán voz, samplers, bases, scrath e loops en directo.

Laura LaMontagne e Pico Amperio pasaron xa por festivais como Atardeceres no Gaiás ou San Froilán e achegaron música a diferentes actos, entre eles, a apertura da exposición Galicia. Un relato no mundo. Tamén interviñeron no programa musical FEEEL, da BETEVé, e nos ciclos MUBEA, na Alhambra, en Granada. Como recoñecemento ao seu percorrido, conseguiron o primeiro posto na lista demoscópica de Mondosonoro, na edición de Galicia-Castilla León 2019 e, xa no 2020, o seu proxecto foi galardonado co Premio Martín Códax da Música, na categoría de Músicas Urbanas.

Totalmente de balde, ao igual que na Miteu é necesaria reserva previa –no mesmo enderezo electrónico ou número de teléfono-.

Temas: espectáculos en VigoUniversidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen
General

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen

Desde la Asociación Veciñal de Teis lamentan que hay numerosos matorrales que "invaden" caminos y calles de la parroquia

PorPaula Carballo
21/07/2026
Reabre un espectacular campo de girasoles gratis en el norte de Portugal, escapada perfecta desde Galicia
Escapadas

Reabre un espectacular campo de girasoles gratis en el norte de Portugal, escapada perfecta desde Galicia

Vuelve el espectacular campo de girasoles gratis que abre solo durante unos días en el norte de Portugal. Un paisaje digno de ver una vez al año

PorAlfredo Teja
16/06/2026
Guía final del gran desfile final de las Fuerzas Armadas en Samil con horarios y cómo llegar
General

Guía final del gran desfile final de las Fuerzas Armadas en Samil con horarios y cómo llegar

Llega el gran desfile militar y exhibición aérea del Día de las Fuerzas Armadas (DIFAS) en Vigo. ¿Cómo llegar a Samil?

PorÁngel Vila
29/05/2026
La patronal gallega dice no tener "miedo" a un gobierno de BNG-PSOE si es "un gobierno estable"
General

La CIG carga contra "el poder" que la Xunta "da a las mutuas" en las bajas

Además, denuncia que "no figura ninguna garantía" sobre el acceso de las mutuas a la historia clínica de los trabajadores

PorEuropa Press
28/05/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X