A cultura segue a florecer na Universidade de Vigo. Tras as dúas primeiras funcións da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu), o Teatro Vidal Bolaño muda as artes escénicas pola música en directo. Este mércores 5 de maio será a quenda de gozar co Festival Sonora, un evento que achega ata o campus da institución académica viguesa diferentes exemplos de novas propostas musicais. Este mércores as e os asistentes ao Teatro Vidal Bolaño poderán coñecer un dos proxectos máis emerxentes no panorama musical galego. Laura LaMontagne e PicoAmperio serán os protagonistas dun concerto no que oscilará entre a tradición galego-portuguesa das cantigas de amigo, ritmos electrónicos e ambientes íntimos. O recital, de balde, será ás 18:00 horas.
O espectáculo do dúo musical formúlase a modo de concerto hip hop, cun DJ Set e espazo para a intérprete. Será unha actuación na que se mesturarán voz, samplers, bases, scrath e loops en directo. Laura LaMontagne e PicoAmpeiro chegan á Universidade de Vigo tras deixar unha fonda pegada na última edición do Play-Doc e foron os elixido para dar en Vigo o concerto que organiza o Consello da Cultura Galega con motivo do Día das Letras Galegas -o recital terá lugar no Auditorio Municipal de Vigo o 16 de maio-.
As persoas interesadas en asistir ao concerto de Laura LaMontage e PicoAmperio no Teatro Vidal Bolaño da UVigo deben reservar a butaca enviando un correo electrónico a extensión@uvigo.gal ou a través do teléfono 986 813 626.
Los menús del nuevo servicio "XantaMos" llegan listos para comer, sin congelar, necesitando solo un par de minutos en el microondas
A investigadora e piragüista lograba neste 2025 o seu segundo ouro nun Campionato do Mundo
Aseguran que el curso en Vigo arranca en "la peor situación en décadas". Señalan que se han multiplicado las medias jornadas y se reducen los recursos
Nuevo corte en la circulación de trenes de Alta Velocidad entre Galicia y Madrid. Esta vez por la proximidad del fuego a las vías entre Vilavella y Porta de Galicia
409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL