• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA General

A pandemia dispara a reciclaxe de material informático na UVigo

A pandemia dispara a reciclaxe de material informático na UVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
06/07/2021

Ordenadores, monitores, impresoras, escáneres... Este curso disparouse na Universidade de Vigo a reciclaxe de material informático. “Non é algo novo, pero este ano foi diferente xa que ao estar os centros máis baleiros por causa da covid19 tivemos a oportunidade de facer estes procesos de reciclaxe a unha maior escala”, explica José Luis Ríos, técnico do SAUM (Servizo de Atención a Usuarios/as e Microcroinformática) para o ámbito Xurídico- Social e Humanidades, quen leva anos comprometido con este labor de reciclaxe informática. Nesta liña, desde a Oficina de Medio Ambiente explican que os datos de recollida de RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos) aumentaron de maneira considerable este curso, pasando de 485 no 19/20 a 844 no 20/21. Destes 844 aparellos 373 son ordenadores, 216 monitores, 122 impresoras e escáneres e, o demais, é material variado.

Dentro dos labores que levan a cabo as diferentes unidades do SAUM está a certificación de obsolescencia de equipamento informático ou similar, coordinando a súa retirada definitiva coa OMA. “ Os equipos dos que falamos en ocasións están avariados e non compensa economicamente a súa reparación e outras veces, aínda estando operativos, non son aptos para o traballo normal que se desenvolve a diario polo persoal investigador, administrativo, etc. por este motivo chegan a nós todas as semanas peticións para dar de baixa este tipo de bens”, explica José Luis Ríos.

Másnoticias

Vigo se llena de conciertos gratuitos en el chiringuito "con la mejor puesta de sol del mundo", nuevas fechas

El chiringuito de Vigo "con la mejor puesta del sol del mundo" desvela sus nuevos conciertos

04/06/2026
El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial

04/06/2026

Cando se certifica a avaría ou obsolescencia dun equipo desde os Servizos Informáticos téntase volver a poñelos en servizo o mellor posible, con pequenas ampliacións ou melloras puntuais coa finalidade de que poidan ser de utilidade a outros usuarios con requisitos menos esixentes. Este curso, só no Ámbito Xurídico Social e Humanidades, retiráronse catro toneladas de monitores vellos de tubo (CRT), que polo seu alto poder contaminante foron entregados, en colaborción coa OMA, a unha empresa autorizada para a reciclaxe dos seus compoñentes e materiais. A isto hai que engadir outros 1200 Kg de impresoras, fotocopiadoras, televisores... que polo mesmo motivo foron retirados para a súa reciclaxe e destrución.

A maiores déuselle unha segunda vida a arredor de 200 equipos, dos que dúas terceiras partes serán entregados á OMA para a súa doazón, e outros quedarán para o préstamo á propia comunidade universitaria, servizo que por mor da pandemia tivo que ser paralizado durante un ano.

“Todos os anos son diferentes, pero nun curso normal non debera de pasar de 150 dispositivos os que se dan de baixa”, explica Ríos, quen salienta que nesta ocasión “estamos a falar de máis de 500 dispositivos de todo tipo só no ámbito Xurídico-Social. Para que todo isto sexa posible cóntase “coa colaboración e duro traballo” dos bolseiros de informática. Neste caso (ámbito xurídico-social), Manuel Puga Montero, Marco Antonio Iglesias e Vanesa Juncal, “que pese ao seu reducido número foron quen de levar a termo toda esta titánica labor de recuperación, de maneira excelente e co mellor ánimo”, ao que hai que sumar a colaboración e agradecemento do persoal das conserxarías, “pola súa axuda nos traslados de material”, e a Sergio Ramos, técnico da OMA.

Menos residuos, máis reutilización

Se o equipo se pode empregar de novo dentro da Universidade, búscase unha nova localización ou ponse a disposición da comunidade en forma de préstamo. Os demais equipos, son equipados con sistema operativo LINUX, con ferramentas ofimáticas, de correo electrónico, navegadores axeitados, para poder doalos posteriormente. “Deste xeito asociacións e organizacións sen ánimo de lucro, colexios, etc. poden ter de balde un equipo que cubra unhas necesidades que de outro xeito suporían un gasto que así poden evitar”, explica Ríos, quen fai fincapé que, por unha banda, se reduce a xeración de residuos e, pola outra, se potencia a reutilización dos recursos.

“En ocasión -en realidade, as máis das veces- os equipos acaban apartados en algún recuncho nos despachos dos docentes ou nun pequeno rocho, durante anos, ata que a alguén lle fai falla o sitio”, explica Ríos, quen fai fincapé en que isto é “unha autentica mágoa”, polo que a el lle gustaría chamar a atención de todos sobre isto. “Se o equipo que xa non se vai usar por calquera razón o mellor é comunicalo porque podemos facer que ese ben continúe operativo dentro da propia universidade uns anos máis”, explica o técnico, ao que engade que, pola contra, si se deixa –“como temos visto moitas veces”- que un ordenador baloreza dúrante cinco ou dez anos sen usar, o que temos xa non é un ordenador vello -pero funcional- se non un simple residuo.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Guía final del gran desfile final de las Fuerzas Armadas en Samil con horarios y cómo llegar
General

Guía final del gran desfile final de las Fuerzas Armadas en Samil con horarios y cómo llegar

Llega el gran desfile militar y exhibición aérea del Día de las Fuerzas Armadas (DIFAS) en Vigo. ¿Cómo llegar a Samil?

PorÁngel Vila
29/05/2026
La patronal gallega dice no tener "miedo" a un gobierno de BNG-PSOE si es "un gobierno estable"
General

La CIG carga contra "el poder" que la Xunta "da a las mutuas" en las bajas

Además, denuncia que "no figura ninguna garantía" sobre el acceso de las mutuas a la historia clínica de los trabajadores

PorEuropa Press
28/05/2026
El viento complica la extinción del incendio de Monte Galleiro, que sigue fuera de control
General

El viento complica la extinción del incendio de Monte Galleiro, que sigue fuera de control

La alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, señala que el fuego se originó por el incendio de un tractor que se propagó por las fuertes rachas

PorÁngel Vila
06/04/2026
O Porriño vibra al máximo con un desfile de Entroido que llenó las calles de felicidad y diversión
Fiestas

O Porriño quiere sumar a todo el mundo a sus desfiles del Entroido con hasta 29.500 euros en premios

O Porriño prepara el Entroido a lo grande y busca comparsas para su desfile. Acaba de publicar las bases y ofrece hasta 29.500 euros en premios

PorMetropolitano
27/01/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X